Skip to Content
         Instagram Facebook 

Aula de emprendemento

Que é a Aula de Emprendemento?

No CIFP Valentín Paz Andrade créase a AULA de EMPRENDEMENTO co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos formativos; deste xeito, preténdese facilitar a inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.

Así, cada curso escolar, dentro do programa Aulas de Emprendemento, o CIFP Valentín Paz Andrade organiza actividades orientadas a mellora das habilidades emprendedoras de alumnado, profesorado e viveiristas:

  • Obradoiros de Iniciativas Emprendedoras.
  • Márketing dixital e redes sociais.
  • Modelo de negocio baseado na metodoloxía Lean Start Up (CANVAS).
  • Deseño do Produto Mínimo Viable. Desenvolvemento do produto.
  • Análise da Viabilidade.

Aula Emprendemento CIFP Valentín Paz Andrade

 



page | by Dr. Radut