XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL)
XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL)
O pasado día 14 de febreiro de 2020, día dos namorados, tivo lugar a GALA NAMORAR PORTUGAL, XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde
Vila Verde é a terra onde o amor acontece e onde se celebra o San Valentín dun xeito moi especial. Nesta noite romántica, o 14 de febreiro, o Parque Industrial de Gême recibe a centos de parellas namoradas e varias celebridades nacionais para unha velada chea de maxia, sentimento e glamour, a Gala Namorar Portugal.
Cea romántica, decoración especial para o día, exhibicións de bordados en directo, desfile de moda e espectáculos de música en vivo......
O CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA é o evento máis importante da programación "FEBREIRO, MES DO ROMANTICISMO" está organizada polo Municipio de Vila Verde, co apoio da Aliança Artesanal - Lenços Namorar Portugal.
A nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, Maite Sueiro Hermida participou no concurso. Presentou un precioso vestido. Trátase dunha peza feita totalmente a man con moito amor. É un deseño sinxelo que combina a fermosa esencia dos panos de namorar coas cores vivas que caracterizan Portugal.
Este vestido presenta un escote palabra de honra, sen ombros e con goma. Conta cun volante na parte superior, rematado cunhas ondas bordadas no baixo de cor vermella. A parte inferior combina estampado con pintura e bordados e presenta tamén ondas no baixo. Ten un lixeiro evasée o longo e un pouco por enriba do xeonllo. O vestido, ademais, está forrado no seu interior.
O tecido principal é un popelín de algodón, nembargantes o tecido do forro é un tafetán de poliéster de brillo sedoso, ámbolos dous en cor branca.
O outfit vese complementado por unha diadema de tea feita a man, uns zapatos de cor vermella e un orixinal bolso encarnado, con forma de corazón con detalles metálicos.
A pesares que non levou ningún dos premios xa que o nivel foi moi alto, Maite gozou moitísimo da experiencia. Maite cóntanos que estivo moi interesante, aprendeu moito, e tamén disfrutou xa que ademais do desfile, a Gala incluía actuacións musicais, exhibicións de bordado en directo, ademais da cea. Estivo XENIAL¡¡¡
As nosas felicitacións Maite, de parte da familia téxtil do CIFP Manuel Antonio.
Velaquí temos á Maite Sueiro Hermida, a protagonista desta publicación e autora dese precioso deseño.
Os gañadores desta edición 14 febreiro 2020 foron:
1º Prémio: Cátia Rascão
2º Prémio: Escola Secundária de Vila Verde
3º Prémio: Paula Neves (Atelier Horas a Fio)
Prémio do Público: Maria Conceição Silva
Prémio Jovem Revelação: Oriana Valentina Quinteiro (Escola Secundária Marques de Castilho – Agrupamento de Escolas de Águeda)
Prémio Nortempresa: Fernando Rei
Prémio Impacto Visual: Orlando Ventura
Prémio Delta: Mariana Martins (CEARTE)
Prémio BMCar: Sérgio Sá
Prémio Best Fit: Ana Sousa, Diana Ferreira, Diogo Ferreira, Carlos Carvalho e José Ferreira (Escola Profissional de Felgueiras)
Máis información do evento: