INICIO

 

 

 

 

 

Esta paxina está obsoleta, nova web www.cifpasmercedes.org

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Guía do alumnado

Podedes descargar a guía do alumnado do CIFP As Mercedes, pulsando na imaxe da portada.

CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2013/2014

CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 13/14 (Salón de Actos)

RÉXIME ORDINARIO
Luns 16 de Setembro ás 12:00 h
Alumnos dos Cilos Medio e Superior da familia profesional , Mantemento de Vehículos. (Automoción)

Luns 16 de Setembro ás 13:00 h
Alumnos do Ciclo Superior da familia profesional , Enerxía e Auga.

Martes 17 de Setembro ás :10:00 h
Alumnos dos Ciclos Medio e Superiores da familia profesional  de Comercio e Marketing.

Premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo

O pasado día 4 de xuño de 2013 un traballo realizado por tres alumnos do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética do noso IES guiados polos profesores Alberto Pereira e Víctor Paz e  coa  colaboración de varios departamentos de ESO  e Bacharelato recibiu (por terceira vez desde 2006) o premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo no concurso Cooperativismo no Ensino 2013, convocado polo Consello Galego de Cooperativas.

Xornada de acollemento ás persoas matriculadas nas probas libres

Segundo o previsto no punto 2 do artigo 22 da Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 16),

PROBAS LIBRES: Corrección de erros

Advertidos (e subsanados) erros nos calendarios dos CM Carrozaría e CS Automoción, prégaselles aos interesados/as que  verifiquen as datas das probas.

PROBAS LIBRES: Calendario e programacións dos módulos.

Programacións e calendario das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

para acceder ao  calendario de probas prema no CF do seu interese

para acceder a  programación prema no módulo do seu interese

VISITA AO CENTRO LOXÍSTICO DO GRUPO JIM SPORTS E A TRES LUGARES REPRESENTATIVOS DO ROMÁNICO LUCENSE.

O pasado 14 de maio de 2013, alumnos e alumnas da familia profesional de Comercio e marketing (C.S de Xestión comercial e marketing e C.M  de Comercio)  visitaron as instalacións do centro loxístico do grupo Jim Sports en Palas de Rei, dedicado á comercialización de material deportivo co obxectivo xeral de coñecer os sistemas de almacenamento e medios de manipulación utilizados nun almacén robotizado, así como a rede loxística e o funcionamento xeral da empresa.

Distribuir contido