II Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Este II Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas pretende ofrecer a todo o profesorado unha nova oportunidade para mostrar as súas experiencias, recursos, materiais, metodoloxías, estratexias e iniciativas que favorezan a reflexión nun marco de colaboración para a innovación educativa.
A presente edición, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril e 5 de maio, enmarcámola entre os eixos da educación das intelixencias múltiples, do desenvolvemento emocional e da creatividade, temáticas que serán abordados por persoas de recoñecido prestixio, tanto na conferencia inaugural como na de clausura.

Como núcleo central dos Encontros terá lugar a comunicación, a cargo do profesorado de todas as ensinanzas e niveis non universitrarios, de 42 experiencias innovadoras de temáticas diversas. Delas, moitas recentemente premiadas en convocatorias tanto de ámbito autonómico como estatal.
Como remate da actividade, contamos este ano coa presentación dun musical protagonizado por un grupo de máis de sesenta alumnos e alumnas de secundaria, froito do traballo levado a cabo ao longo deste curso coa participación de toda a comunidade educativa do IES Manuel Murguía.

Mesas - obradoiros

Catro mesas simultáneas con profesorado de todas as etapas educativas non universitarias.

Comunicacións

Máis de corenta comunicacións de experiencias e boas prácticas de outros tantos centros educativos da comunidade autónoma.

Innovación

Sete proxectos e experiencias premiados en diversas convocatorias de ámbito nacional e autonómico de todas das etapas educativas mencionadas.