Madriñas e padriños lectores

O martes día 4, o alumnado de 6° fomos á EEI Monte da Guía e fixemos de madriñas e padriños lectores cos cativ@s.

Eliximos un lugar do fermoso xardín e alí en pequenos grupos lémoslles divertidos contos en galego.

Despois xogamos e  pasámolo... Xenial!!!

Plantando árbores con pinceis

Onte, 23 de marzo, fixemos unha actividade no cole na que pintamos un mural artístico, colaborativo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos. Unha iniciativa que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o cuidado da entorna cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

Distribuir contido