Relixión

Actividades 3º ciclo. Relixión

Preme na imaxe para acceder aos enlaces coas actividades de RELIXIÓN.

NOVA TAREFA RELIXIÓN

   TAREFA DE RELIXIÓN  

 

Bo día, querido alumnado. Desexarvos que esteades todos e todas ben e con moito ánimo!!!

O domingo 5 de abril celebramos o Domingo de Ramos e que debido ao illamento,  non  poderemos ver, a procesión, nas nosas rúas.

Envíovos estos dous enlaces para que non esquezades o por que o celebramos e como o vivimos na actualudade. 

ENTRADA TRIUNFANTE DE XESÚS EN XERUSALEN.

 

https://www.youtube.com/watch?v=4bFkYP6ZbnI

 

O segundo enlace conten imaxes da nosa cidade,  do domingo de Ramos, celebrado o pasado ano.

 

DOMINDO DE RAMOS NAS RUAS

 

https://www.youtube.com/watch?v=Y0FsiMy8f9

 

PODEDES FACER UN DEBUXO E POÑELO NA VOSA FIESTRA LEMBRANDO QUE ESTE DÍA DE DOMINGO DE RAMOS DA PASO A LA SEMANA SANTA.

NOVO CORREO ESCOLAR

 

 

   NOVO CORREO ESCOLAR  

 

                           Comeza un novo correo escolar para todo o alumnado de 3º de Primaria!!!

A novidade deste ano é que carteámonos non só o alumnado de relixión (como en anos anteriores) senón tamén o alumnado de valores co alumnado do CEIP Mosteiro - Bembrive; onde a mestra Berta comparte colexio.

Este trimestre pasado xa se fixo posible o primeiro contacto; felicitándonos o Nadal con postais e cartas para coñecernos: fotos, nomes, gustos, ilusións, amigos/as….

Recibimos as cartas con moitísima ledicia, comprobando que, nalgunhas cousas, non somos tan diferentes…

Este foi o resultado que podedes ver nos seguintes vídeos.  

Distribuir contido