MUSEO DE PONTEVEDRA
(Pulsa AQUI para acceder a galería de fotos)
O pasado día 2 de abril o alumnado do 3º ciclo visitou o MUSEO de PONTEVEDRA. Aínda que xa foramos fai dous anos, esta vez foi totalmente distinto. Había unha exposición de cadros de pintura dos séculos XVII e XVIII |
|
Non pensedes que nos puxemos a velos... coma pampos, non. Despois de dividirnos en grupos, dábannos unha foto dun obxecto que estaba nalgún cadro e nós tiñamos que buscalo polas salas, para saber a que cadro pertencía ese cachiño que nos derán. Algúns grupos encontraron todos, outros non.
|
|
Tamén aprendemos o que son bodegóns, atributos... e máis cousas. Foi totalmente distinto pero moi divertido. |