|
|
Que ben o pasamos co contacontos! Como xa supoñedes veu un contacontos ao noso colexio para contarnos un conto, xa que é o que fan os contacontos. Non foi un conto normal e corrente senón un, un pouco diferente aínda que estabamos sentados nós tamén participamos. Algúns eran "cociñeiros" outros faciamos distintos movementos coas mans, coa cabeza, coas pernas e os brazos. Rimos, falamos, gritamos e disfrutamos ao tempo que as matemáticas repasamos e o respecto e a tolerancia traballamos. |
Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos |
¡Desexamos que volva de novo, outra vez e outra vez, e outra vez...! |
Curso 2008-09
UN CONTACONTOS NO COLEXIO
CORRELINGUA 2009
Como en cursos anteriores, alumnado e profesorado do centro, participamos con moita ilusión nesta actividade que ten a finalidade de defender a nosa lingua. |
|
Queremos aprendela, conservala e dicir a todos que temos unha lingua propia. Por iso cremos importante tomar parte en todo aquilo que a coide, a valore e, en definitiva, a ame.
Este ano temos que darlle un toque de atención á organización, xa que, na nosa opinión, non foi boa. Para empezar, non tivemos camisetas para todos, só para dúas clases; non houbo palco na Praza do Concello, polo que non oímos o manifesto; o esforzo, sobre todo dos máis pequenos, de iren andando ata Castrelos non resultou recompensado pois as actuacións realizadas alí foron escasas, repetitivas e pouco adecuadas para eles.
Aínda así nós seguiremos estando aí para respectar e apoiar a NOSA LINGUA. Esperamos que o vindeiro ano se melloren estes aspectos na organización.
|
Preme AQUI para acceder á galería de fotos |
TRABALLAMOS PARA MAMÁ
Nesta animación podemos ver como o alumnado de 2º fixo un fermoso Portacandeas como agasallo para o Día da Nai
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »