Conxuntas

NA PROCURA DOS NOSOS ANTERGOS

 

 

Da man de Eva F. Deza, en colaboración coa ANPA

e co profesorado do centro, o alumnado de 4º, 5º e 6º

levamos a cabo esta interesantísima actividade coa

que descubrimos as mámoas e a súa historia.

 A actividade comezou cun obradoiro no xardín do centro.

Eva explicounos o que eran as mámoas, como e para que se facían e sobre todo indicounos

os pasos para que cada curso puideramos construír a nosa propia mámoa.

Estes foron os resultados. Quedáronnos xenial.

 Para continuar "Na procura dos nosos antergos", Eva guiounos nun roteiro polo Vixiador e pola Madroa

no que, coa colaboración da CCMM de Teis e as explicacións da arqueóloga Elisa Pereira, descubrimos

restos de mámoas de fai 6000 anos, achegándonos máis ao seu coñecemento.

Tamén foi moi interesante a ruta botánica tanto polo Vixiador como pola Madroa. Buscamos datos de animais e

plantas, observamos especies autóctonas e aprendemos a diferenza entre un bosque natural e un bosque forestal.

   

Para rematar esta saída e despois de repoñer forzas, Alfonso da Comunidade de Montes de Teis ensinounos

unha chea de cousas que foron recollendo polo monte: panais de abellas, cranios de diversos animais, niños de

paxaros, camisas de serpe... Boa sorpresa levamos cando nos permitiu subir no tractor!!!

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade así como á Comunidade de Montes de Teis

e a arqueóloga Elisa Pereira, pero sobre todo… moitísimas grazas a EVA FERNÁNDEZ DEZA

por compartir connosco, unha vez máis, os seus coñecementos.

EMAO

O alumnado de 4º fomos á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Despois de visitar a biblioteca e a hemeroteca que por certo son magníficas, puidemos ver e experimentar nos obradoiros de serigrafía e de construción de zanfonas.

Puxemos moita atención nas explicacións que nos deron.

Resultou unha visita moi interesante!!!

A CORUÑA

Cada tres anos o alumnado do noso centro, que nese momento estea cursando 4º, 5º e 6º, ten a oportunidade de realizar unha viaxe superinteresante á cidade de A CORUÑA e poder coñecer, investigar e experimentar nos museos: Casa das Ciencias, Domus e Casa dos peixes.

Comezamos no Planetario vendo unha proxección audiovisual a cúpula completa, descubrindo estrelas, constelacións e analizando o Sistema Solar cos seus planetas, satélites e asteroides. Seguindo coa visita á CASA das CIENCIAS, observamos algunhas experiencias relacionadas co mundo físico e buscamos respostas para explicalas.
 

O paso pola DOMUS foi unha viaxe interactiva que espertou a nosa curiosidade facéndonos reflexionar sobre temas relacionados co corpo humano.

Coñecerse a un mesmo, descubrir que nos fai humanos, por que nos parecemos aos nosos pais, cal é a velocidade dun tiro de penalti, observar as fases da evolución humana, contemplar imaxes dun parto real...

 
 

Por fin chegamos ao acuario e ademais de poder observar a diversidade mariña da costa galega, tivemos a oportunidade de coñecer a GASTÓN, un tiburón toro de tres metros de longo e cen quilos de peso que chegou ao acuario fai casi dez anos.

A visita rematou despois de saír ás piscinas exteriores e ver como daban de comer as focas. Encantounos velo!!!

Pasámolo xenial ao tempo que aprendemos un montón. Foi como recibir moitas clases de ciencias dun xeito divertido, experimentanto e tocando en todo o que iamos vendo... pois o que estaba prohibido era NON TOCAR.

FOI INCRIBLE!!!

Máis fotos nos seguintes enlaces.

CASA DAS CIENCIAS

DOMUS

ACUARIO

Distribuir contido