Cada tres anos o alumnado do noso centro, que nese momento estea cursando 4º, 5º e 6º, ten a oportunidade de realizar unha viaxe superinteresante á cidade de A CORUÑA e poder coñecer, investigar e experimentar nos museos: Casa das Ciencias, Domus e Casa dos peixes. Comezamos no Planetario vendo unha proxección audiovisual a cúpula completa, descubrindo estrelas, constelacións e analizando o Sistema Solar cos seus planetas, satélites e asteroides. Seguindo coa visita á CASA das CIENCIAS, observamos algunhas experiencias relacionadas co mundo físico e buscamos respostas para explicalas. |
|
O paso pola DOMUS foi unha viaxe interactiva que espertou a nosa curiosidade facéndonos reflexionar sobre temas relacionados co corpo humano. Coñecerse a un mesmo, descubrir que nos fai humanos, por que nos parecemos aos nosos pais, cal é a velocidade dun tiro de penalti, observar as fases da evolución humana, contemplar imaxes dun parto real... |
|
Por fin chegamos ao acuario e ademais de poder observar a diversidade mariña da costa galega, tivemos a oportunidade de coñecer a GASTÓN, un tiburón toro de tres metros de longo e cen quilos de peso que chegou ao acuario fai casi dez anos. A visita rematou despois de saír ás piscinas exteriores e ver como daban de comer as focas. Encantounos velo!!! |
|
Pasámolo xenial ao tempo que aprendemos un montón. Foi como recibir moitas clases de ciencias dun xeito divertido, experimentanto e tocando en todo o que iamos vendo... pois o que estaba prohibido era NON TOCAR. FOI INCRIBLE!!! Máis fotos nos seguintes enlaces. |