Día do Libro

Outras actividades da Semana do Libro

 

   
Durante a semana desta data tan significativa, o alumnado máis pequeno do centro recibíu a visita duns contacontos moi especiais. Elsa, María, Jaqui, Auri e Benito, nais e pai respectivamente de alumnado do cole, achegáronse ata as nosas aulas para compartir co alumnado de 1º e 2º divertidos e fantásticos contos.

Moitísimas grazas aos cinco por compartir connosco esta actividade tan gratificante para o noso alumnado.
       
Para rematar a celebración desta Semana do Libro montamos este mural do BAÚL DOS LIBROS que o alumnado do centro encheu con ilustracións propias de portadas dos seus libros favoritos. Deste xeito puideron compartir os seus gustos cos seus compañeiros.
  
       

Contacontos Santillana

         
     
  A semana do Día do Libro empezou dun xeito moi, pero que moi especial xa que o luns día 20, na nosa biblioteca, vivimos, grazas a Sabela, unha actriz estupenda que xa coñeciamos doutras sesións, uns contos xeniais.

 Primeiro foron os máis pequenos os que gozaron dun contacontos moi viaxeiro. Da man dun ratiño que quería atopar ao ser máis poderoso do mundo, viviron numerosas aventuras por diversos lugares do mundo

Despois, foi a quenda dos maiores aos que Sabela, empezou dicindo :
“Tres irmáns que vivían aquí preto de Teis…” e ao mesmo tempo chamaba a tres nenos/as para actuar.
Seguimos co conto “...como non había traballo tiñan que marchar e atopábanse no bosque cunha fada…”
Ao final descubrimos que o importante non é tanto o diñeiro ou as riquezas como estar a gusto con un mesmo e cos demais.

 
         
 

A monitora, superexpresiva, facíao moi ben, os nenos/as que actuaron tamén o fixeron estupendo e nós DIVERTÍMONOS moitísimo. Estes si que son contos vividos!!
Moitas grazas a editorial Santillana por ofrecernos está actividade.

 

DÍA DO LIBRO

No 1º ciclo celebramos o Día do Libro cunha actividade moi motivadora: "Madriñas e padriños lectores". Primeiro convertemos o patio do colexio nun espazo de lectura onde cada alumno leu, a un pequeno grupo de compañeiros, o conto que previamente elixira e preparara na clase.

Logo trasladamos esta actividade ao patio da Escola Infantil Monte da Guía. Alí os máis pequenos puideron escoitar as historias dos nosos contos.
Pasámolo xenial con esta actividade!!!
Distribuir contido