Contacontos Santillana

         
     
  A semana do Día do Libro empezou dun xeito moi, pero que moi especial xa que o luns día 20, na nosa biblioteca, vivimos, grazas a Sabela, unha actriz estupenda que xa coñeciamos doutras sesións, uns contos xeniais.

 Primeiro foron os máis pequenos os que gozaron dun contacontos moi viaxeiro. Da man dun ratiño que quería atopar ao ser máis poderoso do mundo, viviron numerosas aventuras por diversos lugares do mundo

Despois, foi a quenda dos maiores aos que Sabela, empezou dicindo :
“Tres irmáns que vivían aquí preto de Teis…” e ao mesmo tempo chamaba a tres nenos/as para actuar.
Seguimos co conto “...como non había traballo tiñan que marchar e atopábanse no bosque cunha fada…”
Ao final descubrimos que o importante non é tanto o diñeiro ou as riquezas como estar a gusto con un mesmo e cos demais.

 
         
 

A monitora, superexpresiva, facíao moi ben, os nenos/as que actuaron tamén o fixeron estupendo e nós DIVERTÍMONOS moitísimo. Estes si que son contos vividos!!
Moitas grazas a editorial Santillana por ofrecernos está actividade.