O alumnado de terceiro de Primaria, na unidade sete de Coñecemento do Medio, traballamos o tema "A auga na Terra". |
|
Concienciados co uso razoable da mesma, e despois de de debatir na clase a importancia que temos como cidadáns responsables, das medidas que temos que adoitar para non malgastala, decidimos, elaborar carteis para animar as persoas a aforrar auga.
Aquí vos deixamos os exemplos.
Esperamos que vos gusten. |
|
Curso 2013-14
Aforro auga
Correo escolar
Este curso, igual que o anterior, o alumnado de 2º ciclo está realizando un intercambio de cartas cos nenos e nenas do CEIP Illas Cíes do mesmo ciclo. | ||
Cando recibimos as cartas, os nenos puxéronse contentísimos e emocionados porque cada neno do Illas Cíes se dirixía expresamente a un do noso ciclo. |
Nelas, describían os seus gustos e afeccións e ademais viñan acompañadas dunha fotografía de toda a clase. | |||
Así, puideron recoñecer aos seus novos amigos.Así, puideron recoñecer aos seus novos amigos. | |||
Os nosos alumnos, en canto as leron, puxéronse rapidamente a contestalas… | |||
Esperamos que lles gusten e desexamos ansiosos a súa resposta. | |
BOCATA SAN
Todo o alumnado do centro participou na campaña "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA". Esta actividade, impulsada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, pretende fomentar o consumo de conservas de peixes e mariscos entre os máis pequenos e transmitirlles a importancia das súas propiedades nutritivas. O obradoiro comezou cunha charla-xogo na que o alumnado recibiu gorras, de cor verde ou amarelo, para facer dous equipos, de modo que cando atinaban as preguntas que lles facía a monitora gañaban una pegatina; así, pouquiño a pouco foron xuntando una chea delas. Recordaron a grande cantidade de alimentos que veñen do mar: mariscos, peixes e algas, estas últimas teñen nomes comúns segundo a súa forma: espaguetes, leituga ou fideo de mar, curioso, verdade? |
|
Como non podía ser doutro modo, falaron da importancia da pesca sostible, é dicir, pescar a modo para non esgotar a produción. |
|
Pero sen esquecer que as latas hai que RECICLAR para o noso planeta con cariño coidar!!! |
|
A segunda parte da actividade consistiu na elaboración dun "bocata san" a base de conservas de peixes e mariscos. Cada neno foi elixindo os ingredientes máis axeitados: atún, xoubiñas, mexilóns, leituga, tomate, cebola, cenoria, olivas, millo... para que as monitoras lles prepararan o seu bocata. O alumnado que presenta algunha intolerancia alimentaria tamén puido preparar o seu bocata especialmente adaptado ao seu tipo de alimentación. Que delicioso almorzo degustamos no recreo! Estaba tan saboroso que ALGÚNS ATA REPETIRON... |
|
Máis fotografías na galería de fotos. Pincha AQUÍ
|