Secretaría

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO CURSO 24/25

Convocatoria das axudas de escolarización para a escolarización de material e comedor escolar o próximo curso 2024-2025 . 
O prazo de presentación comeza o día 25 de xuño e rematará o 19 de xullo.
Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas persoas que cursen estudos de Ed. infantil, primaria, ESO da Pobra que formen parte de familias con problemática socioeconómica e cumpran os requisitos que se establecen na convocatoria.
As solicitudes deberán cumprimentarse no impreso oficial que se facilitará na departamento de Servizos Sociais do Concello (está no arquivos adxuntos) e necesitase un certificado de matricula que hai que expedir no centro (tamén está no arquivo adxunto).
Máis información nas oficinas de Servizos Sociais no telefono 981 832764 - ext 4
Deixamos como arquivos adxuntos a Resolución do decreto das axudas,  o modelo de solicitude, a autorización de datos da AEAT e o modelo de certificado do centro

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO

Convocatoria das axudas de escolarización do Concello de A Pobra do Caramiñal para familias con problemática socio-económica. 

O prazo comezará o día 3 de xullo ata o día 21. 

Deixamos nos arquivos adxuntos  nota informativa do Concello, a convocatoria completa, solicitude, certificado do colexio.

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 22/23. CONCELLO

Informan dende o Concello, da convocatoria das axudas de escolarización, tanto de materiais coma de comedor para o curso 2022-2023. O prazo de entrega de solicitudes comezará o día 4 de xullo e remata o 22 de xullo inclusive. Achegamos as bases das axudas xunto cos anexos.
 
Para calquer aclarción dirixirse ó Concello da Pobra - Asuntos Sociais. 
 

ENTREGA HISTORIAL ACADÉMICO

Desde o luns 19 de xullo entregaremos os historiais academicos do alumnado de 6º.

Recordamos  que este historial está expedido en papel oficial e é para gardar na casa (como o libro de escolaridade antigo), non fai falla levalo ao IES, xa lles remitimos nós unha copia.

MODELO XUSTIFICACIÓN FALTA ALUMNOS

Adxuntamos documento de xustificación de falta do alumnado para entregar ao profesorado en caso de falta deste.

CAMBIO RELIXIÓN - ATENCIÓN EDUCATIVA

 

Segundo indica a LOE, no comezo de curso pódese  cambiar a opción de recibir clase de relixión católica ou de atención educativa. Se desexan variar a opción actual, poden facelo ata o luns 13 de setembro cumprimentando o impreso correspondente en secretaría. Se continúan igual non teñen que facer nada.

 

Distribuir contido