Skip to Content

DOCUMENTACIÓN CURSO 2020/2021

 

Estimadas familias:

Neste apartado iremos publicando os documentos elaborados polo centro para a adaptación do mesmo á situación da COVID-19 no curso 2020-2021.

 

 

 
   


CURSO 2020/2021

CLICAR!: Guía Informativa Familias Plan Adaptación COVID-19

 

Seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o comezo de curso para o alumnado farase de xeito gradual, coas seguintes indicacións:

1. O día 10 de setembro comezará a asistir o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil (Infantil de 3 e 4 anos), 1º, 2º e 3ºcurso de Educación Primaria.

2. O día 11 de setembro tamén se incorporará o alumnado de 6º de Educación Infantil (Infantil de 5 anos), 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

3. O alumnado de Ed. Infantil (os 3 niveis) terán un período de adaptación que será comunicado por parte das titoras a cada familia na vindeira semana.



Normas de Funcionamento de Centro para este inicio de curso:

- O uso da máscara será obrigatoria eEd. Primaria e altamente recomendable en Ed. Infantil.

- De xeito xeral, ningún familiar poderá acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar. Só estará permitido acompañante por alumna/o durante o período de adaptación no 4º nivel de Educación Infantil, que accederá á porta exterior da aula dende o patio dianteiro cumprindo as medidas sanitarias.

Nas saídas, as familias do alumnado non transportado agardarán no lugar indicado fóra do recinto cumprindo as medidas sanitarias.

 

transporte escolar funcionará en horario normal desde o primeiro día. Seguiranse as mesmas medidas que no transporte colectivo, uso de máscara e ocupación da totalidade dos asentos.

- O comedor escolar funcionará dende o primeiro día. Coa finalidade de poder garantir todas as medidas do Protocolo de Adaptación COVID neste servizo, a hora de recollida do alumnado será dende ás 14:30 a 15:00 h.  Os luns dende ás 16:15 ás 16:45 horas.

 



ENTRADA DO ALUMNADO

Dende ás 8:40 a 9:10 horas.

 

Alumnado non transportado:

 

Ed. Infantil:

  • 6º nivel de Ed. Infantil: ás 8:40 h.
  • 5º nivel de Ed. Infantil: ás 8:50 h.
  • 4º nivel de Ed. Infantil: ás 9:00 h.

Durante o Período de Adaptación, o horario estará suxeito ao calendario que se estableza no centro.

 

Ed. Primaria:

  • 5º e 6º nivel: ás 8:40 h.
  • 3º e 4º nivel: ás 8:50 h.
  • 1º e 2º nivel: ás 9:00 h.



Alumnado transportado:

  • O alumnado transportado accederá ao centro segundo a orde de chegada dos autobuses e de maneira escalonada.



O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA SUBIRÁ ÁS AULAS DIRECTAMENTE UNHA VEZ ACCEDA AO CENTRO.



SAÍDA DO ALUMNADO

 

Alumnado non transportado:

 

Ed. Infantil:

  • 6º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.
  • 5º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.
  • 4º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.

Ed. Primaria:

  • 5º e 6º nivel: ás 13:25 h. Luns ás 15:00 h.
  • 3º e 4º nivel: ás 13:20 h. Luns ás 15:05 h.
  • 1º e 2º nivel: ás 13:30 h. Luns ás 15:10 h.

 

As familias agardarán no lugar indicado fóra do recinto.Deberán cumprir coas distancias de seguridade recomendadas. Prégase acudir un único adulto por alumno/a procurando permanecer o mínimo tempo posible unha vez saia do centro dito alumno/a.



Alumnado transportado:

 

Ed. Infantil:

  • O Luns dende ás 15:00 h. e resto da semana dende ás 13:15 horas, accederán ao autobús por niveis.

Ed. Primaria:

  • O luns dende ás 15:00 h. e resto da semana dende ás 13:20 h., o alumnado transportado sairá escalonadamente cara o seu autobús acompañado do profesorado.



USO DA MÁSCARA

- Tal e como establece o protocolo da Consellería de Educación, o alumnado de primaria ten a obriga do uso da máscara durante toda a xornada lectiva. É altamente recomendable o seu uso tamén en Infantil.

- Así mesmo, o alumnado deberá traer, ademais, unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala.

 

CLICAR! ERROS MÁIS FRECUENTES NO USO DAS MÁSCARAS.

 

 

Prégase o cumprimento estricto dos horarios establecidos e das normas por parte de toda a comunidade educativa.



A saúde de cada un é responsabilidade de tod@s”

 
   


CURSO 2020/2021

 

Con motivo de situación da pandemia que estamos a vivir e seguindo as instrucións das autoridades educativas, todos os trámites do centro, faranse preferiblemente de xeito telefónico ou telemático. No caso de ser imprescindible o acceso ao centro, deberá acudir con cita previa e respectando as medidas hixiénicas e de seguridade obrigatorias.

Pregamos a actualización do Abalarmóbil e revisar a web do centro frecuentemente, pois serán os medios empregados para as próximas comunicacións.

 

 
   


Estimadas familias:

Infórmaselles que dende o 20 maio ao 19 de xuño está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2020/2021 de:

  • Fondo solidario de libros de texto (para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.)

  • Axudas para adquirir libros de texto (para 1º e 2ºde E.P.) para rendas per cápita familiares non superiores a 10.000 € no exercicio fiscal 2018.

  • Axudas para adquirir material escolar (para toda a E.P.) para rendas per cápita familiares igual ou inferiores a 6.000 € no exercicio fiscal 2018.

Prazo de presentación de solicitudes (ANEXO I): Ata o 19 de xuño.

Lugar e horario de presentación: Preferiblemente por vía electrónica ou na Conserxería do centro, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Poden presentar as solicitudes por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste caso será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

 

FONDOLIBROS 2020/2021

PRAZOS

Presentación de solicitudes

Do 20 maio ao 19 de xuño

Preferiblemente por vía electrónica

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Publicación das listaxes provisionais 

antes do 10 de xullo

Reclamacións ás listaxes

2 días despois da publicación 

Publicación das listaxes definitivas no taboleiro de anuncios

antes do 17 de xullo

Entrega de libros de texto Fondolibros 2019/2020

1ª semana de xuño

Recollida de vales Fondolibros 2020/2021

1ª semana de xullo

Recollida de libros de texto Fondolibros 2020/2021

setembro

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CASO DE SOLICITUDE PRESENCIAL:

 

Xunto coa solicitude (Anexo I) presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

b) Libro de familia no que figuren todos os membros computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2018, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  •  Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  •  Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grado de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno .

d) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

e) Certificado de convivencia ou informe de servicios sociais no caso de que os pais ou titor careza de DNI ou NIE.

 

Máis información do proceso nos seguintes enlaces:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

 

ORDE DO 12 DE MAIO DE 2020

 

Documentación solicitude:

CLICAR: Anexo I e II

 

Nota Informativa (documento adxunto).

 

 
   


 DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON MOTIVO DO DÍA ...Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2020, aínda que a Real Academia Galega decidiu que o acto de conmemoración se apraza ata o 31 de outubro a causa do Covid-19, propoñémosvos unha viaxe no tempo para que coñezades un pouco máis sobre a nosa lingua, sobre esta conmemoración e sobre o homenaxeado deste ano.

(Proxecto realizado dentro do C-P Refórza-T)

 

        Clicar:   Letras Galegas 2020 no Artaza.

 
                                          

        

 



by Dr. Radut