Skip to Content

O Día Internacional da familia, é un día especial que se adica ás familias todos os anos o 15 de maio dende 1993. O papel da familia é moi importante nunha sociedade. E este ano, debido a situación provocada polo COVID-19, poder celebralo é unha gran oportunidade para valorar aos máis achegados e todo o esforzo realizado.

Dende o centro, desexamos compartir este día con toda a comunidade educativa, unha gran familia.

FELIZ DÍA DA FAMILIA !

 

CLICAR: Conmemoración do Día da familia.

Ed. Infantil Ramón de Artaza.

 
   


Restablécese o prazo  para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. De xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

 
    

ADMISIÓN 2020/2021

PRAZOS

Presentación da solicitude de admisión

Do 11 ao 18 de maio

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

Ata o 26 de maio

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido

Antes do 9 de xuño

Reclamacións ás listaxes (3 días hábiles contados  dende o día seguinte da publicación )

3 días hábiles

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

Antes  do 26 de xuño

Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria

do 1 ao 10 de xullo

 

 

 

Horario de atención presencial ás familias: de 10:00 a 13:00 horas.

 

Medidas de protección OBRIGATORIAS para acudir ao centro:

  • Distanciamento social de 2 metros.
  • Uso de mascarilla.

 

 


Estimadas familias e benquerido alumnado:

O profesorado do centro queremos agradecervos co seguinte vídeo, o compromiso e responsabilidade mostrada durante a suspensión das actividades lectivas. 

A elaboración do vídeo non sería posible sen a vosa colaboración.

Foi realizado con todo o noso cariño. Agardamos que vos guste!

 

Vídeo: Encamiñando o confinamento no Artaza. Clicar!

 
   


O DÍA DO LIBRO NO ARTAZA

Como o día 23 de abril é o Día do Libro, as mestras e mestres fixemos un conto para celebralo con vós. Agardamos que vos guste!

"A liberdade é unha libraría"

(Joan Margarit, Premio Cervantes 2019)

 

CLICAR:  A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

 A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

Clicar: Carabuñas

 

CARABUÑAS

 

 

 

 

O equipo de Ed.Infantil déixavos unha cadea de contos. Botádelle unha ollada!

 

 

 


Estimadas familias:

Atopámonos  ante unha situación inédita como consecuencia do COVID-19 e nun período académico excepcional. Todos as familias da comunidade educativa do Ramón de Artaza estades afrontando esta situación dando o mellor de vós para que os vosos fillos e fillas poidan continuar coas tarefas escolares, reducindo o prexuízo que esta situación poida causar no proceso de Ensino – Aprendizaxe.

Todo o profesorado do centro temos constancia das moitas e diversas dificultades coas que vos atopades no domicilio para levar a cabo as tarefas recomendadas. Polo que consideramos necesario aportar unha serie de recomendacións xerais de maneira que esta situación, vos resulte o menos incómoda posible. 

Premede no adxunto para velas.

Para calquera cuestión estamos á vosa disposicións a través do correo electrónico  e Abalarmóbil.

    Agradecemos moito a vosa colaboración e esforzo.

 

      Saúde e moita afouteza.

     Docentes do CEIP Ramón de Artaza.

 

 

 



Estimadas familias:

Finalizadas as vacacións de Semana Santa deste curso, desfrutadas dunha maneira moi pouco usual, agardo que todas/os continuedes con moita saúde.

Reanudamos as actividades a través dos mesmos medios virtuais empregados dende a suspensión da actividade lectiva.

Ata novas instrucións da CEUFP, continuamos con actividades de repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándonos na adquisición das competencias clave.

As familias que teñan algunha incidencia co acceso ás tarefas, poden comunicalo no correo electrónico do centro para solucionalo por outros medios.(cep.ramon.artaza@edu.xunta.es)

 

Voltaremos vernos noutro momento!(premer)

 

Unha forte aperta e moito ánimo de parte de todo o profesorado do CEIP Ramón de Artaza.

 

 PROPOSTA. Recursos educativos para empregar no domicilio:

https://drive.google.com/file/d/1c-cAfG0282cN6o86TGaRypJgoE1Kn1l4/view

 

ACTIVIDADES: MÓVETE CONNOSCO NA CASA!

 

MATERIAL DE REPASO E APOIO ED. PRIMARIA.CADERNOS DE SANTILLANA 1º TRIMESTRE: (Deben abrirse con CHROME, con Explorer pode que non se visualicen correctamente).

1º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092212_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202097212_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092112_U32_U1

 

2º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=20209222_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202097222_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092122_U32_U1

 

3º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092232_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092323_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092132_U32_U1

 

4º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092242_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092424_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092142_U32_U1

 

5º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092252_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092525_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092152_U32_U1

 

6º PRIMARIA:

LENGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092262_U32_U1

LINGUA: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020262637_U32_U1

MATEMÁTICAS: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202092162_U32_U1

 

 

 

        

 



by Dr. Radut