Iniciar sesión |
SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRILOla familias, ola nenas e nenos, unha semana menos que nos queda desta odisea. As profes de 2º queremos recordarvos que este traballo é orientativo, se un día non podedes facer todo, non importa, ao día seguinte facedes un pouco máis.
LUNS 30 de marzo Visionado do vídeo que adxuntamos sobre as plantas. Mellor dúas veces. https://www.youtube.com/watch?v=aNZ34Ig-exA&feature=youtu.be Debuxar nun folio, na libreta que levastes para a casa ou nunha libreta que teñades por aí as partes dunha planta(xa o fixemos na libreta de ciencias). Logo observando ven os debuxos que tamén vos adxuntamos debuxade unha flor, sinalade as partes e poñédelle o nome(cáliz, sépalos, pétalos, corola, estame e pistilo) Finalmente copiade e aprendede o que pon na imaxe “A importancia das plantas” Se queredes tamén como ampliación podedes facer un pequeno comic do ciclo dunha planta. Logo podedes facerlle unha foto ao que fixestes e poñelo no grupo de wsp, se vos apetece que fagamos un video ou presentación con elas. Esta parte e voluntaria. As imaxes para axudarvos están no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/CdMFqjuXbGRkRfGb9
MARTES 31marzo Cuaderniño de matemáticas: unha páxina. Cuaderniño de lingua: páxinas 37 e 38 Nomes das ferramentas: alicates, machada, serra, chave inglesa, martelo, cámara, paleta, botiquín (o normativo é botica de primeiros auxilios, pero imos deixalo en botiquín)e mangueira. MÉRCORES 1 de abril Cuaderniño de matemáticas: unha páxina. Libro de lengua, verde oscuro, tarea 17(páginas 39 y 40) Escribe as táboas do 5 e do 6 nunha folla XOVES 2 de abril Cuaderniño de matemáticas: unha páxina. Libro de Lengua, verde claro, tarea 23(páginas 67 y 68) Pensa e escribe as respostas a estas preguntas: Que catro cousas que necesita unha planta para vivir? Cales son as partes dunha planta? Escribe 3 cousas ou beneficios que nos proporcionan as plantas. VENRES 3 de abril Cuaderniño de matemáticas: unha páxina. Cuaderniño de lingua páxinas 39 e 40 Escribe as táboas do 7 e do 8 nunha folla ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN: Dictado de números: ata 999 Sumas e restas con levadas Resolución de problemas con unha ou dúas operacións: EXEMPLO 1: Samuel tenía 252€ y su abuela le regaló 28€ más. Si se compra un patinete que cuesta 196€ ¿Cuánto dinero le sobra? EXEMPLO2: En un colegio hay 204 alumnos. Hoy los de tercer curso se fueron de excursión ¿Cuántos alumnos habrá en el colegio si 3ºA tiene 23 alumnos y 3ºB 21? Dictados DICTADO1:Hoy compraremos empanadillas de carne con champiñones. El anillo de Pedro desapareció por el desagüe. Mi padre le echó mucho jamón al guiso. Hoy me voy de acampada con toda la clase. DICTADO2: O piragüista adestra no río Miño. Catuxa quere xogar disfrazada de guerreira. A crema de cenorias está moi doce. O ratiño corría para chegar ao burato.
|