CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR E OS PERIGOS DE INTERNET

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participaron nunha actividade moi especial.Esta actividade está dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

O alumnado de 5º curso recibiu unha charla formativa sobre os perigos de internet a cargo do sarxento da garda civil Manuel Martínez, nenas e nenos participaron activamente e recibiron as pautas para evitar os problemas ligados a rede que tanto abondan entre os adolescentes.

Pola súa parte sexto curso, tamén co mesmo ponente da garda civil, estiveron formándose sobre o acoso escolar.

Interesantísima actividade da que se fixo eco a televisión galega, se queres ver o video preme AQUÍ.