Orientación: Irritación

* Que dous personaxes protagonizan a escena?

* Algun dos dous síntese molesto? Cal?

* Por que cres que se sinte molesto?

- Pensa nas seguintes afirmacións se poden ser verdadeiras ou falsas:

  1. O Gato pode espantar ao mosquito, pero non lle da a gana.
  2. Parece que o mosquito acaba de chegar.
  3. É posible que o mosquito leve xa certo tempo zumbando arredor do gato.
  4. Se o gato pidese marchar, o faría.

* Recordas estar cerca dalgún mosquito que non se quería ir do teu lado? Molestábache? Intentaches librarte del? Como?

* Hai algún outro son que te molestara durante moito tempo? (Por exemplo: o ladrar do can, chorar dun bebe, maquinaria de obra, un grifo que gotea...) Como te fixo sentir?

* Se puideras facer algo para evitar eses ruídos, o farías?

* Resultaríache fácil deixar de pensar nese ruído? Cres que o gato da imaxe lle resultaría fácil esquecer auq hai un mosquito o seu redor? Que podría facer?

O Emocionario dí da IRRITACIÓN:

"O mundo está cheo de cores, cheiros, sons... Uns nos agradan sempre; outros so un momento.Algúns nos disgustan e outros nos causan irritación: son tan molestos que se nos instalan dentro e non podemos deixar de pensar neles.

O Ladrido dun can pode despertar a túa tenrura, pero  e se non deixa de ladrar durante todo o día?

Que sucede cando te irritas?

Cando algo te irrita eres moi consciente dos teus sentidos. Algo molesto pasa a ser irritante cando cres que xa non poder soportalo máis.

Unha irritación moi duradeira nos leva a sentir TENSIÓN.

A ficha de traballo para esta emoción:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_05_irritacion.pdf

Animádevos a compartir as vosas experiencias a través do correo

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

Iniciar sesión

CRON