2 de abril Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Mañán 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Este ano o lema é

Elixe unha ferramenta  un lapis, unha vasoira, ... quitate unha foto e envia a través  do correo electrónico do centro cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal ou failla chegar as túas titoras.

O venres publicaremos as fotos.

Enviámosvos cousiñas por si queredes xogar na casa

 

Dalle enriba das imaxes para descargar os materiais

 

Como agora solo podemos estar na casiña, convidámosvos a sair ao balcón con luz azul

 

PT Palabras intrusas

A profe Tensi quere que xogades un chisquiño coas palabras.

 

Xogo online de atopa a palabra intrusa

Xogo online de comprensión lectora

Arco da vella: Contar ata o 5 e plastilina Casera

Bos días rapaces hoxe vamos contar ata o 5 e a facer plastilina casera, un saúdo a profe Seves.

 

 

Arco da vella: Flores e letras do Nome

Bos días chicos! como xa chegou a primavera imos facer flores e volvoretas con cousas que temos por casa. Tamén imos traballar as letras do noso nome. Bo día rapaces!

 

 

AL. Exercicios de discriminación auditivo fonética e fonolóxica.

Bos días a profe Isa de AL, vos propón estes xogos de discriminación auditiva fonética e fonolóxica:

AL: Exercicios de discriminación auditiva

Bos días a profe Isa de AL, vos envía uns exercicios de  discriminación auditiva, propostos pola mstra Eugenia Romero.  

- Discriminar sons de animais, sons producidos polo propio corpo, e sons de transportes, sons do medio ambente, de obxetos da casa, da calle, etc. 

- vídeos recopilatorios con Onomatopeyas (pincha no enlace)

 

 

AL. Exercicios de respiración e Soplo

Bos días rapaces!! a profe Isa de AL, envíavos estes exercicios de respiración e sopro de Eugenia Romero para que practiquedes na casa.

Exercicios de respiración

  • Para ser consciente de que se pode respirar polos dous orificios da naris, pódese utilizar un pequeno espello, colocado debaixo do naris, para poder ver se o aire sae por unha parte ou polas dúas.
  • Inspirar pola naris a diferentes velocidades e espirar pola boca a diferentes velocidades.
  • Se tendes pouca capacidade respiratoria, terendes que potenciar a inspiración. Un exercicio bo é oler obxectos: Chicles, chocolate, flores, ambientador, comida, etc.
  • Exercicios de ximnasia para axudar un pouco a inspiración, pódese facer de pé, nunha colchoneta, etc. Levantar as máns collendo aire e despois que descanse un pouco os brazos. Sempre realizando os exercicios pouco a pouco.
  • Por un libro enriba da súa barriga e mirar como sube e como baixa. OBservar que cerra ven a boca, senon poden facer a inspiración coa boca aberta.
  • Controlar ter a boca pechada en todos estes exercicios.

Exercicios de Sopro

  • Respirar pola nariz e soprar pola boca.
  • Facendo sobresair o labio inferior, soprar cara arriba, de forma que levantes o pelo do flequillo.
  • Pegar na frente, mediante papel adhesivo, unha tira que lle chegue a altura da boca, pedíndolle que a levante mediante o sopro e a manteña así uns segundos.
  • Exercicios cunha vela, en diferentes posicións, máis cerca ou máis lonxe, pero procurando que o neno non  a apage rápido, senon que inspire e expire sen apagala. Outro exercicio será xogar con le ou ela e ver quen apaga a vela antes, colocándoa en distintas posicións, desta maneira canto máis alonxada este a vela, maior capacidade pulmonar exixirá a os rapaces e rapazas.
  • Facer pompas de xabón.
  • Xogar con obxectos de festa adecuados para o sopro, como: molinillos, matasogras, trompetas, silbatos, etc. alternando o sopro forte e frouxo.
  • Inflar un globo.
  • Soprar unha pluma. Colocar a pluma enriba da frente e soplar. Colocala na barbilla e soprar.
  • Soprar pelotas de ping - pong ou cánicas pequenas. Cunha portería pequena que o neno/a intente marcar gol.
  • Soprar e aspirar por unha palliña.
  • Facer debuxos cunha palliña.
  • Tomar líquidos a través dunha palliña.
  • Traspasar auga ou outro líquido dun vaso a outro.
  • Chupar auga, reter na boca e votar en forma de escopeta.
  • Por auga nun vaso con trociños de plástico e soprar.
  • Reunir papeliños aspirando.
  • Colocar a palliña na comisura da boca e soprar.
  • Apagar a chama na vela, colocando esta en diferentes distancias da persoa á que explora.
  • Mover a chama dunha vela sen apagala, controlando o sopro.
  • Encender varias velas e apagalas dun solo sopro.
  • Encender varias velas e apagalas de unha en unha.
  • Apagar velas con palliña.
  • Mover soprarndo trozos de papel e bolas de papel de seda nunha superficia lisa, controlando as distancias.
  • Aguantar un papel ou un globo no aire.
  • Trazar camiños mediante pelliñas e soprar trociños de papel a través deles.
  • Por varios trociños de papel enriba da mesa e pedirlle ao neno/a que os tire ao chan dun só sopro.
  • Con palliñas aspirar trociños de papel.
  • Soprar diferentes bolas de papel de plata, seda, folio, etc.
  • Reunir trociños de papel nun círculo con palliñas.

AL: Exercicios de relaxación facial, pescozo e praxias

Bos días!! A profe Isa de AL mandavos moitos saudiños virtuais... para non perder o ritmo da fonación imos facer uns exercicios de relaxación facial e de pescozo.

  • Imitar un robot diciendo si e no.
  • Debuxar no aire un oito coa cabeza.
  • Estirar o pescozo coma unha xirafa.
  • Mirar un partido de tenis: Xirar a cabeza a dereita e logo a esquerda.
  • Imitar o movemento que fai un can, cando sae da auga e se sacude.
  • Sorrí ensinando os dentes
  • Facer morros como os porcos.
  • Abrir a boca como a de un león.
  • Dar bicos sonoros.
  • Imitar un peixe.
  • Por cara de enfadados e logo de alegría.
  • Facer "pedorretas".

Mira neste vídeo como poder relaxar a cara e o pescozo. 

Tamén tendes exercicios de praxias (Habilidade para executar un movemento) cliqueando na imaxe.

Praxias con pictogramas de Arasaac

Praxias con Onomatopeyas de Arasaac

Saúdos

Traballo para a aula Arco da Vella

Bos días chicos!! A profe Seves saludavos cun forte abrazo virtual....  

A ver se recordades estas dúas cancións.... (pinchade enriba da imaxe).

Non vos olvides das rutinas ehh...

Estas rutinas creounas Marta García Conejo para Arasaac.

Material de recursos para as aulas: Recursos Calesa de 1º a 6º

Bos días, subimos material de recursos que liberou a Editorial Calesa que poidan ser axuda para as distintas aulas, pinchando nas imaxes podedes descargar o material.

 

 

Iniciar sesión

CRON