Orientación: Tensión

* Que personaxes aparecen no extremo superior dereito e inferior esquerdo?

* Como están unidos?

* Cres que están intentando xuntarse ou separarse? Por que o dis?

* Cara onde fai forza cada personaxe?

* Como están as trompas? Estiradas? Frouxas?

* Algunha vez xogaches  con outra persoa a tirar dos extremos dunha corda, unha prenda de roupa, un fio? Sabes que ocorre se unha das duas persoas deixa de tirar?

* Algunha vez intentaches convencer a alguen para facer algo? foi dóado?

O Emocionario dí:

"A Tensión, algúns a chaman "estrés". A tensión nace cando nos enfrentamos a situacións ameazantes. Tres exemplos:

- Chegar a un novo colexio ou barrio

- Estar en medio dunha discusión acolorada.

- Non ter a lección estudiada cando o/a mestre pregunta a lección.

Tamén se produce tensión cando hay intereses enfrentados. Por exemplo, ti queres cantar e a túa nai quere dormir.

Que ocurre cando estas tenso?

Estas nervioso/a, impacente e perdes a calma con facilidade.

Falar do que che xenera tensión con alguen en quen confias. Experimentaras gran ALIVIO.

Ficha de actividades da TENSIÓN para primaria:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_06_tension.pdf 

Animádevos a compartir as vosas experiencias a través do correo

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

 

AL. Ordear sílabas para formar palabras

 

* Ordear sílabas para formar palabras de educación maestros.

* Ordear sílabas e formar palabras interactivo de soyvisual.

* Ordear sílabas de Orientación en Andújar.

* Actividades dislexia, ordear sílabas de Orientación en Andújar.

* Letras desordenadas, actividades de conciencia fonolóxica de Orientación en Andújar.

* Palabras ocultas de Orientación en Andújar.

* Letras desordeadas de Ainna Luna.

* 5 xogos de formar palabras para Android.

Arco da vella: Roupa e pautas cuarentena

Pincha enriba da imaxe para vela máis grande

PT: Táboa do 2 e escritura creativa

* Xogos da táboas do 2 de mundo primaria.

* Escribe unha historia inventada a partir do debuxo que aparece e que conteña as palabras do recadro. Canto máis alocada e fantástica sexa a historia, máis divertida.

Orientación: Irritación

* Que dous personaxes protagonizan a escena?

* Algun dos dous síntese molesto? Cal?

* Por que cres que se sinte molesto?

- Pensa nas seguintes afirmacións se poden ser verdadeiras ou falsas:

  1. O Gato pode espantar ao mosquito, pero non lle da a gana.
  2. Parece que o mosquito acaba de chegar.
  3. É posible que o mosquito leve xa certo tempo zumbando arredor do gato.
  4. Se o gato pidese marchar, o faría.

* Recordas estar cerca dalgún mosquito que non se quería ir do teu lado? Molestábache? Intentaches librarte del? Como?

* Hai algún outro son que te molestara durante moito tempo? (Por exemplo: o ladrar do can, chorar dun bebe, maquinaria de obra, un grifo que gotea...) Como te fixo sentir?

* Se puideras facer algo para evitar eses ruídos, o farías?

* Resultaríache fácil deixar de pensar nese ruído? Cres que o gato da imaxe lle resultaría fácil esquecer auq hai un mosquito o seu redor? Que podría facer?

O Emocionario dí da IRRITACIÓN:

"O mundo está cheo de cores, cheiros, sons... Uns nos agradan sempre; outros so un momento.Algúns nos disgustan e outros nos causan irritación: son tan molestos que se nos instalan dentro e non podemos deixar de pensar neles.

O Ladrido dun can pode despertar a túa tenrura, pero  e se non deixa de ladrar durante todo o día?

Que sucede cando te irritas?

Cando algo te irrita eres moi consciente dos teus sentidos. Algo molesto pasa a ser irritante cando cres que xa non poder soportalo máis.

Unha irritación moi duradeira nos leva a sentir TENSIÓN.

A ficha de traballo para esta emoción:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_05_irritacion.pdf

Animádevos a compartir as vosas experiencias a través do correo

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

Arco da vella: Salir de casa durante o confinamento

(Cliquea enriba da imaxe para ir ao documento)

 

 

Feliz día do libro 23 abril de 2020

O 23 de abril foi elixido como "Día Internacional do libro", pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data do ano 1616. Ainda que a xustificación inicial foi a morte de Cervantes, en realidade este faleceu o 22 e foi enterrado o 23, que é cando se consignou o seu falecemento; pola súa parte, Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario Xuliano, que corresponde ao 3 de maio do calendario Gregoriano.

Hoxe tamén se celebra San Jordi, onde é tradicional regalarse libros e rosas entre amigos e persoas queridas.

Propómosvos algunas actividades da escritora Anna LLenas (se pinchas nas imaxes levarante ao titorial de como facelas)

1º ciclo.

2º Ciclo

Personaxes para descargar:

http://www.annallenas.com/recursos-creativos/Sant-Jordi-DESCARGABLE-annallenas-catala.pdf

3º Ciclo

Por suposto non deixedes de ver o vídeo no que participamos todo o cole feito pola Biblio

Animádevos a compartir as vosas manualidades a través do correo orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

Orientación: IRA

* Que cores hai na ilustracións?

* Que transmiten estes cores? Son alegres? Dan tranquilidade? Pintarías así as paredes do teu cuarto?

* Onde son máis claros? Onde hai máis oscuridade?

* Que animal se ve no debuxo?

* Como ten os ollos? Como é a mirada? Que transmite?

* Como ten o pico? POr que o tendrá así?

* Como ten ás as? e as patas?

* COmo é a súa postura? Amenazadora? Tranquilizadora?

* Que puido ocurrir? Por que o páxaro ten está actitude?

* Cres que este páxaro podería facer dano a alguén? Por que?

* Poderíase facer algo para tranquilizalo? O que?

O Emocionario Dí:

" IRA. Tamén coñecida como "Rabia", "Cólera" ou "Furia". A IRA é velocísima, dominate e vais casi sin que te des conta. Polo xeral, pode apoderarse de ti en situacións que consideras moi inxustas ou que atentan contra o teu benestar.

A IRA é útil?

Nunha sociedade civilizada, non; porque a ira é unha emoción que non deixa pensar. Faite reaccionar coma un animal que é atacado por outro.

Como non vivimos entre bestas salvaxes, as nosas malas reaccións, non meten en problemas. En consecuencia, é mellor evitar que la ira tome o control mentras estemos a tempo. Por exemplo, ao sentir un pouquiño de IRRITACIÓN"

Ficha de actividade para traballar a IRA en primaria:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_04_ira.pdf

Como manexar a IRA.

* Semáforo de emocións de Orientación en Andújar.

Asociar os cores do semáforo coas emocións e a conduta:

  • a) VERMELLO: PARARSE. Cando non podemos controlar unha emoción (sentimos moita rabia, queremos agredir a alguen, nos pomos moi nerviosos…) tenemos que pararnos como cando un coche atopa coa luz vermella do semáforo.
  • b) AMARELO: PENSAR. Despois de detense é o momento de pensar e darse conta do problema e do que se está sentindo.
  • c) VERDE: SOLUCIONALO. Se un dase tempo de pensar poden surdir alternativas ou solucións ao conflicto ou problema. É a hora de elexir a mellor solución.

Para asociar as luces do semáforo coas emocións e a conducta podese realizar un mural cun semáforo e os seguintes pasos:

Luz Vermella: ALTO, tranquilízate e pensa antes de actuar

Luz Amarilla: PENSA solucións ou alternativas e as consecuencias

Luz Verde: ADIANTE e pon en práctica a mellor solución

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/10/semaforo-de-las-emociones.pdf 

* A Tartaruga (autocontrol)

* Frasco da calma 

* Globos Sensoriais.

Animádevos a compartir as vosas experiencias a través do correo

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

Iniciar sesión

CRON