CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Traballo de sociais " A muralla de Lugo"

Tedes que facer un traballo sobre os romanos.

Pinchar sociais.

4B STEM

TAREFAS MÉRCORES, 10 DE XUÑO

Bo día!

Hoxe propoñémosvos unha actividade moi interesante. Seguro que todos xogastes algunha vez a ser superheroes e superheroínas e investastes cal serían os vosos superpoderes. Pois ben, a tarefa de hoxe consiste niso. Botade a voar a vosa imaxinación e inventade o superheroe no que vos converteriades. 

 

Sabemos que estades moi cansos pero pedímosvos un último esforzo, xa que non queda nada para rematar. E fixéstelo estupendamente ata agora!!!

Recordade ó escribir aspectos básicos que tanto vos recordamos, comézase por maiúscula, os nomes propios escríbense con maiúscula tamén, antes da última palabra dunha enumeración ponse "e" en lugar de coma, cando citamos varios elementos pero quédanos algún escríbense puntos suspensivos...

Sabédelos todos, simplemente é prestar atención ó escribir!!!!

Para rematar deixámosvos dous magníficos xogos:  

- Xogo 1: Pasapalabra, todos vistes algunha vez este entretido concurso, verdade? Pois agora converterédesvos nos concursantes deste programa. Animádevos a probalo, está xenial!

- Xogo 2: Memory, a través deste xogo repasaredes as táboas de multiplicar de maneira divertida. A ver se tedes memoria suficiente para completalo?Risa Antes de comezar seleccionade todas as táboas ata o 10.

E ata aquí o traballo por hoxe!!!!

Moi bo día!!!!

 

AL: "CAMPOS SEMÁNTICOS"

*Actividades para traballar os campos semánticos. De "Orientación Andujar".

*Xogos para traballar os campos semánticos. De "Aula PT".

*Xogo para traballar as categorias semánticas. De "Maestro de audición y lenguaje".

*Actividades campo semántico. De "Edufichas".

*Actividades sobre semántica. De "Orientación Andujar".

*Fichas sobre semántica. De "Orientación Andujar".

TAREFAS MARTES, 8 DE XUÑO

Bo día!

Hoxe temos videochamada. Ó igual que a semana pasada hai dous grupos, un ás 10 e outro ás 11. Cada un xa sabe cal lle corresponde. 

O material que necesitades para a clase virtual é o seguinte:

- Libro e libreta de Ciencias Sociais.

- A vosa criatura fantástica. Acordádesvos do ser imaxinario que creastes a semana pasada? Pois ese, presentarédesllo os vosos compañeiros.

A continuación, deixámosvos os contidos que se traballarán na clase. Non fai falta que imprimades nada! Deixamos isto só por se algún neno non pode conectarse que saiba as tarefas que debe facer. 

Moi bo día!!!

 

Distribuir contido