CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

4B teléfono escacharrado

ARCO DA VELLA: "ELMER"

PT: EMOCIÓNS E COMPRENSIÓN LECTORA.

*Asociar emocións.O bosque da PT, de Marisa Lorenzo

*COmpresión lectora de fichas baseadas en imáxenes. De "aulaPT".

TAREFAS XOVES 4 XUÑO

Boas!

 

As tarefas de hoxe son as seguintes:

 

  • Caderniño LEO 11 (Galego): páxinas 31 e 32.

OLLO! A palabra cóbado leva acento gráfico.

 

  •  Caderniño LEO 10 (Galego): Lectura O ESTOXO.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

Bo día!

 

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Ides facer un folleto turístico sobre as illas Cíes.

Pinchar en Cíes.

A SEGUIR PRACTICANDO!

Ola chic@s. O curso vai rematando, xa estamos no mes de xuño!

Por se vos apetece seguir practicando actividades musicais, aquí vos deixo novas propostas. Están secuenciadas por cursos pero podedes escoller!

Lembrade que, voluntariamente,  podedes enviar fotos ou videos curtos ao correo musicacaselles@gmail.com , especificando se dades ou non autorización para a súa publicación.

 

  • Para e déixovos un acompañamento con culleres de " ALUNELUL", unha danza de Rumanía ( a algúns soaralle esta música).

      Unha vez máis, Mª José Sánchez explícavos o que  tedes que facer. Moi atentos porque ides recordar o ritmo de negra ( ta ) e o ritmo de dobre corchea ( titi ). Haberá que facelo primeiro lento e logo rápido.

 

  • Para e , podedes realizar un acompañamento da xogo "CHOCOLATE" ou "CHOCOLALA" que xa volo propuxera hai varias semanas como xogo de mans. Nesta ocasión necesitades mesa, silla e dous lápices ( ou bolis, ou culleres,...). Cada parte da palabra chocolate ten asignado un movemento. No video xa volo explica. Pero, atentos que cada vez vai máis rápido!

 

 

  • Para e déixovos un acompañamento con percusión corporal ( pitos, palmas, rodillas e pés) dunha canción moi coñecida DANCE MONKEY.Trátase de seguir a partitura ( debaixo das figuras aparecen os elementos de percusión que tedes que uilizar). Na parte inferior do video, á dereita, podedes ver como hai que facer.

TAREFAS MÉRCORES, 3 DE XUÑO

Bo día!!

As tarefas para hoxe son de Lingua Galega. Tedes que facer varias actividades, moi atentos:

- 1)   Ler o poema da páxina 142 do Libro. Practicádeo unha ou dúas veces e despois enviádenos un audio lendo coa entoación axeitada.

- 2) Copiar o poema na libreta. Fixádevos, débense respectar os versos, é dicir, tedes que cambiar de liña cando se faga no poema.

- 3)  Facer as actividades que se recollen a continuación.

Asegurádevos de completar todos os pasos!!!

Ademais, recordámosvos que tedes videochamada cos profes de Educación Física ás 11.

Disfrutade do día!!!

TAREFAS MÉRCORES 3 XUÑO

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 (Castelán): páxinas 29 e 30.

 

  • Matemáticas: Clic AQUÍ, en formato PDF. Non é preciso imprimir. Para facela de forma interactiva, clic AQUÍ. OLLO! Se se fai interactivo, hai dúas páxinas. Co cal, agora hai que facer a segunda páxina. Deixades sen facer a  primeira páxina.

Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Bo día!

 

Distribuir contido