Para celebrar o Día do Libro (domingo 23), organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :
★ Un Bookflix por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.
Estacións:
1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.
2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.
3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.
4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”
5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.
★ “Lecturas compartidas” o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.