O outro día fomos ao museo de Pontevedra a aprender sobre a prehistoria. Déronnos un caderno pequeno con exercicios e xogos para facer alí, e tamén moita información sobre o Paleolítico, o Neolítico e a Idade do Bronce. Naquel museo fomos a 3 salas, pero tiñan moita información.
Na primeira sala explicáronos sobre o Paleolítico. Antes de facer nada, vimos un vídeo sobre as tres fases da Prehistoria e logo respondemos unhas preguntas dun caderno que nos deran alí. Naquela sala tamén podías ver moitos vasos, petroglifos, armas e ferramentas feitas con pedras moi curiosas e útiles que utilizaban os homes e as mulleres no paleolítico. Despois resolvemos as preguntas do caderno que nos entregaron. (Os exercicios eran bastante sinxelos que digamos).
Logo pasamos á segunda sala que era sobre o Neolítico. Aquela sala era máis pequena ca outra pero con máis obxectos. A sala estaba dividida en tres partes. Nunha había moitos utensilios que utilizaban os homes e mulleres para facer traballos como agricultura, gandería, pesca…
Na segunda parte había armas e xoias que utilizaban naquela antiga época.
E por ultimo estaba a terceira parte, na que podía verse como os fogares da súa idade ían evolucionando.
Na última sala había moitas cousas sobre romanos. Explicáronnos como rematou a prehistoria, ferramentas e máis cousas.
Tamén explicáronnos cousas sobre tesouros daquela época, e vimos o tesouro de Bedoya. Usaban ferramentas de ouro, tamén de bronce, cobre, ferro…
Hai un tipo de Ánfora, a Ánfora de viño onde levaban o viño.
Naquela sala tamén había un lugar aparte no que se encontraban dous cadáveres de mortos: un dun home maior e outro dun neno de dous meses.
As estelas funerarias eran de pedra e tiñan:
-Figuras humanas.
-Unha lúa.
-Arcos.
-Non tiñan cervos.
Cando rematamos de ver o museo, fomos a un parque moi grande e divertido a merendar.
Despois de xantar xa volvemos ao colexio para que nos recolleran as nosas familias.
OS NEN@SDE SEXTO VISITAN O MUSEO DE PONTEVEDRA
Onte, 19 de outubro os rapaces de 6º do colexioCEP Xosé NeiraVilas foron ao museo de Pontevedra, para gozar dunha exposición sobre a prehistoria.
Esta saída realizouse porque os alumnos de 6º estaban ver na clase sobre este tema.
No museo desprazáronse cunhas monitoras ata a primeira sala. Ao chegar puxéronlles un vídeo sobre a prehistoria, e déronlles unha ficha que tiñan que ir completando coa información que encontraban polas diferentes habitacións. Na primeira sala podías encontrar restos arqueolóxicos do neolítico, paleolítico e a idade dos metais.
Na segunda sala había obxectos que se atoparon en castros como ferramentas, muíños, complementos de ouro, decoración das casas…
E na última e terceira sala había expostos restos romanos, por exemplo espadas, osos humanos, rochas talladas etc.
O terminar a visita foron ata un parque cercano a merendar. O rematar de merendar xogaron un pouco e marcharon para o colexio.
Mauro, Noelia e Nerea 6ºB