SAMAÍN

O vindeiro mércores 31 de outubro celebraremos o SAMAÍN cunha exposición de calacús decorados na planta baixa do colexio. O alumnado que o desexe poderá traer unha cesta de froitos de outono (millo, castañas, noces, abelás, améndoas, etc) e tamén unha cabaza do MUNDO, baseándonos deste modo no tema do proxecto anual deste curso: “interculturalidade e convivencia”. 

Se queredes realizar algunha actividade para decorar as aulas aquí deixámosvos algunhas ideas ofrecidas pola comisión de extraescolares.

Animádevos e gozade do día.

Fai clic na imaxe para ver o documento

O alumnado do obradoiro de cociña do 2º ciclo elaborou unha receita de moito medoooo, nada mellor para celebrar o noso Samaín.

QUE RICOOO!!!!

 


Responder

  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.

Más información sobre opciones de formato

Inicio de sesión