RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-2023

Só afecta ao alumnado de 6º de Educación Infantil da E.E.I. Fina Casalderrey (que  desexe reservar praza no noso centro) e a 6º nivel de Educación Primaria do CEP Marcos da Portela. O centro adscrito  a este  é o IES Luís Seoane; polo tanto,  o alumnado de 6º de Primaria, que queira matricularse noutro centro, deberá facer a solicitude  a partir de marzo (xa se informará dos prazos).

As solicitudes entregaránselle ao alumnado; deberán cubrilas e devolvelas no seu centro corespondente (o alumnado de EI, en EEI Fina Casalderrey; o alumnado de 6º de Primaria, no CEP Marcos da Portela). Este será o encargado da súa tramitación.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.