As TICs no Lois Tobío |
|
|||
Hoxe recibimos no colexio por iniciativa da ANPA a Minerva, que será a encargada de impartir a actividade extraescolar de robótica no colexio. Aínda que os grupos de extraescolares son moito máis reducidos, hoxe colleu clases enteiras para facer demostracións nas clases de sexto e cuarto con diferentes tipos de dispositivos. As demostracións continuarán o venres cos grupos de 5º, 3º e 2º. |
|||
As actividades de pensamento computacional son básicas para aprender a programar posteriormente os artiluxios. Como pensa un robot? Que ordes entende e cales non? A importancia do paso a paso... Nas clases estivemos facendo varias actividades de programación. Unha delas foi intentar programar a un/ha compañeiro/a para que fixese un baile completamente descoñecido para el/a. O resultado foi moi bo e, seguramente, cando programemos os robots non escoitaremos tanto o "este robot está avariado" e buscaremos onde pode estar o erro de programación. Deixámosvos aquí algún dos vídeos que usamos na actividade por se queredes probar na casa. MODO FÁCIL:
MODO DIFÍCIL: |
|||
O Equipo de Tics do colexio creou un pequeno titorial para o uso do novo equipamento que recibimos estes días, o tren Intelino. Deixámolo aquí para que quede dispoñible para a súa consulta. Tamén vos deixamos a ficha que completamos nas clases: https://drive.google.com/file/d/1gDwfTg2y5FnligesfqZoAZqqIi3EyDXe/view?usp=sharing E a solución á ficha que se pode ver no vídeo: https://drive.google.com/file/d/1MDlFORwLLnzlo24yN-aa_4gA8ka_4x2v/view?usp=share_link |
|||
Dende aquí daremos boa conta de todas as novas relacionadas sobre as TICs no noso centro. |
|||