Lembrámosvos que está aberto o prazo para presentar a vosa candidatura como representantes das familias no Consello Escolar.
Segundo a normativa vixente, ao noso centro correspóndenlle 3 representantes das familias (un deles vén designado pola ANPA), e como se informou xa por abalar, este ano precisa renovarse 1 dos 2 cargos restantes, polo que vos animamos a presentar a vosa candidatura recollendo en secretaría un impreso, que poderedes presentar cuberto no mesmo lugar.
O DOG dispón que as eleccións se celebren entre o 18 e o 22 de novembro.
En canto ao representante da ANPA no Consello Escolar, contamos coa actual secretaria para cubrir provisionalmente este posto (xa que recentemente quedou vacante), ata que convoquemos Asemblea Xeral Extraordinaria para modificar a directiva e escoller novx representante da ANPA entre as candidaturas que se presenten.
É moi importante que as familias contemos con presencia no Consello Escolar para poder opinar e participar en cuestións relativas ao control, funcionamento e organización do centro, como a aprobación de normas internas, orzamentos, proxecto educativo, programación anual do centro…
Agradecemos a vosa participación, moi necesaria como parte da comunidade educativa.
Comentarios recentes
hace 1 semana 4 horas
hace 1 semana 4 horas
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días
hace 22 semanas 4 días