Skip to Content

Matrícula

MATRÍCULA 2020/21

VACANTES INICIAIS 2020/2021

NOTA INFORMATIVA MATRÍCULA 2019/20

RUTAS DE TRANSPORTE

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

IMPRESO DE MATRÍCULA 19-20

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/20

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2019/20

 

NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DOCENTE E RESERVA DE PRAZAS

O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.

Se non desexa que o seu fillo/a continúe no centro no que está matriculado ou ao que está adscrito deberá facer renuncia expresa e por escrito no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión, pois a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro. (Por razóns organizativas pregámoslle que esta comunicación se faga ao centro educativo antes do 1 de marzo. Grazas)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II da citada orde.

Do 1 ao 20 de marzo en horario de 9:30 a 14:30 na Secretaría do CEP ALTAMIRA.

O impreso será facilitado na secretaría do centro, e tamén estarán disponibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/adminionalumnado) e na páxina web da consellería.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

Polo que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria de postos escolares regulado no capítulo IV desta orde.

As persoas interesadas autorizarán expresamente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a solicitar ante o Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a información de identidade persoal necesaria para o proceso de admisión. De non autorizar esta consulta, deberán achegar copia do documento de identidade correspondente.

 

Documentación a presentar xunto coa solicitude

  • Libro de familia e DNI do neno/a , no caso de que o teña, (Fotocopias e orixinais ).

  • Convenio regulador ou resolución de separación xudicial ou divorcio, se é o caso, ( Fotocopia e orixinal).

  • As familias que soliciten praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberán achegar a documentación xustificativa das necesidades que se aleguen.

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 

A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.

Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

A presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo será entre o 22 de marzo e o 5 de abril. Por favor, entre estas datas achéguense ata os taboleiros para comprobar se hai que presentar nova documentación.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para a súa presentación.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2019-20

Presentación da solicitude de admisión:

1-20 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:

22 marzo – 5 de abril.

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:

 

Antes do 25 de abril.

 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas:

15 de maio.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:

20-30 de xuño.

 

APERTURA PRAZO ADMISIÓN 2018/19

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN<br />
CURSO 2018/2019

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reserva de praza no centro

 

RESERVA DE PRAZA

 

 

1-15 DE FEBREIRO

de orixe: para o alumnado

 

 

 

 

 

 

 

de 6º que reserva praza no

 

 

 

 

 

 

 

IES Pedras Rubias

 

OFERTA   DE   POSTOS

 

 

 

 

Publicación de postos

 

ESCOLARES

 

 

antes do 1 DE MARZO

escolares e vacantes

 

SOLICITUDES

DE

 

1- 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes

 

 

 

 

 

 

ADMISIÓN

 

 

 

 

 

no centro

 

 

 

 

 

 

 

Presentación da

 

 

 

 

 

 

 

documentación necesaria

 

PRESENTACIÓN

DE

 

 

 

 

para baremar ditas

 

DOCUMENTACIÓN

 

 

22 MARZO- 5 ABRIL

solicitudes (soamente no

 

ACREDITATIVA

 

 

 

 

 

caso de que haxa máis

 

 

 

 

 

 

 

solicitudes que prazas e

 

 

 

 

 

 

 

que o centro o solicite)

 

 

 

 

Publicación

 

de

 

 

LISTAXES

 

 

listaxes   provisionais

25 DE ABRIL

 

PROVISIONAIS

 

 

de admitidos.

 

 

 

 

 

 

Publicarase

a

lista

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS

 

definitiva

 

de

15 DE MAIO

 

 

 

 

admitidos

e

non

 

 

 

 

 

admitidos.

 

 

 

 

FORMALIZACIÓN

DE

 

Entrega de

 

 

20-30 XUÑO

 

MATRÍCULA

 

 

documentación

 

 

 

 

 

 

para a formalización

 

 

 

 

 

de matrícula.

 

 

Distribuir contido


 
 
 
 
 

by Dr. Radut