Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Polos Creativos

NOS TAMÉN CREAMOS

O alumando de quinto e cuarto colaboraron para a realización dun "stop motion" e aquí podedes ver o resultado agardamos que vos guste.

Telexunco presenta ....

Aquí temos un dos nosos pequenos proxectos. Agardamos que vos guste.

 

ReciclARTE é emocionARTE.

 

A nosa obra conecta coas distintas fases da vida e os seus límites que son relativos, xa que este fin pode ser o inicio dunha nova vida, de unha nova etapa, noutro lugar, noutro dono, noutra forma … buscando que non exista un fin.

Aquí os xoguetes representan a morte caendo cara unha nova vida, cara un novo sentido, un renacer. A caixa e as ventás representa un mundo interior que todos temos e que algúns mostramos con facilidade e outros non. As ventás son as que nos permiten ver cara adentro.

Conmemoramos o 8M

 O alumnado de 6ºA elaborou este vídeo para conmemorar este día tan importante. A gozalo!!!

Feliz día a todas!!!!

Preparando o entroido coas familias

As familias viñeron a axudarnos coa elaboración dos disfraces de entroido para os máis pequenos do colexio (infantil e primeiro ciclo).

Álbum: ACTIVIDADES DO CENTRO -> Preparando o entroido cos pequenos

Preparando o Entroido

O alumnado de sexto traballamos moito para facer o noso dragón da paz inspirado nunha lenda chinesa "O nacemento do dragón" que traballamos co gallo do día da Paz.

Álbum: SEXTO -> 6ºAB Entroido

POLOS CREATIVOS

No noso centro arrancamos cun novo proxecto que agardamos vaia collendo forma mentres camiña da man da nosa biblioteca escolar.

Os Polos Creativos teñen un deseño modular e innovador, están dotados de equipación especializada que ocuparán espazos físicos definidos dentro do centro, organizaranse didácticamente para formentar a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.

Enfocaranse á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación e experimentación. Terán unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Maios

Último álbum

by Dr. Radut