Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

POLOS CREATIVOS

No noso centro arrancamos cun novo proxecto que agardamos vaia collendo forma mentres camiña da man da nosa biblioteca escolar.

Os Polos Creativos teñen un deseño modular e innovador, están dotados de equipación especializada que ocuparán espazos físicos definidos dentro do centro, organizaranse didácticamente para formentar a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.

Enfocaranse á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación e experimentación. Terán unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).



Imaxe aleatoria

Listaxe definitiva admitidos e non admitidos fondo libros

Último álbum

page | by Dr. Radut