Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Matrícula

MATRÍCULA CURSO 2024-25

Prazo para formalizar a matrícula:

Do 20 ao 30 de xuño de 2024. (Se non se formaliza no prazo establecido, pérdese a vacante adxudicada e perderase a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado anteriormente).

- As solicitudes deberán ser entregadas xunto coa documentación solicitada na secretaría do centro. (IMPORTANTE: No centro NON se fan fotocopias).

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR NO CENTRO:

- Anexo III (ORDEN de 21 de octubre de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos), Enquisa sobre a lingua materna. Proporcionaremos desde o centro esta documentación para cubrir no momento da formalización da matrícula.

Ao fin de facilitar o proceso de matriculación poñemos á vosa disposición o anexo III para que poidades descargalo e traelo xa cuberto e asinado  ao centro. LEMBRAMOS QUE É NECESARIA A SINATURA DE AMBOS PROXENITORES NO CASO DE QUE AMBOS OSTENTEN A PATRIA POTESTADE.

Anexo III  

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=system/files/u9/AnexoIIIform.pdf

- 5 fotos recentes tamaño carné. (Poñer por detrás o nome)

- Fotocopias dos DNI nai/pai/titor ou representante (s) legal.

- Volante histórico de convivencia (solicitar no Padrón municipal).

- Fotocopia del libro de familia (todas as páxinas escritas). No caso de non presentalo no momento da admisión.

- Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social do alumno.

- Informe médico cando padezan algunha situación especial de saúde: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou medicamento ...

- Certificado de matrícula no 2023/24 cando veñan doutro centro.

- Só se se dera o caso: Documento Custodia Legal, Sentencia e Convenio regulador).

- Só se se dera o caso: Fotocopia Certificado de minusvalía.

 

Non fai falta volver a achegar a documentación entregada durante o proceso de admisión.

Para calquera dúbida ao respecto do proceso de matrícula pode consultala no centro ou ben empregando as seguintes vías de contacto:

 

 @email: ceip.xunqueira2@edu.xunta.gal                                Teléfono: 886 159 073

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/25

O alumnado que realizou solicitude no noso centro obtivo praza no mesmo para o curso 2024/25, excepto, as solicitudes de 5º de Educación Infantil por non dispor de prazas vacantes. Non obstante, as persoas interesadas en consultar as listaxes definitivas de admisión poden facelo no taboleiro interior do centro ou chamando ó número de teléfono 886159073.

 

ADMISIÓN 2024/25

TODAS AS ALUMNAS E OS ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁN ADMITIDOS/AS.

O período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

OFERTA DE PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2024/25

VACANTES  

 
 
 
 
 

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Informamos ás familias que a presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

A solicitude realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

  • Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e adxuntalo coa solicitude (anexo II).
  • Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, no seguinte enderezo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849 para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

Os formularios estarán dispoñibles no centro e na aplicación o 1 de marzo de 2024.

 Modelo ED550B

ACHEGAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN XUNTO COA SOLICITUDE

1.- Libro de familia e DNI dos proxenitores (se o neno ten DNI tamén se achega).

2.- Para todos, excepto os nenos de 3 anos, certificado de matrícula do curso actual.

3.- Se ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor.

No caso de garda e custodia compartida, a solicitude deberá vir firmada polos 2 proxenitores.

MOI IMPORTANTE:

AO CUBRIR OS DATOS PERSOAIS NON EMPREGUE ABREVIATURAS NIN DIMINUTIVOS.

 
 

Admisión fora Prazo

 

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

Último álbum

by Dr. Radut