Xa temos todo listo (ou case todo) para celebrar o Festival de Inverno que terá lugar o próximo venres día 21 de decembro ás 11 da mañá.
Será un día cargado de emoción, ledicia e ilusión que nos gustaría que gozarades con todos nós.
O programa é o seguinte:
Parabéns aos rapaces e rapazas polo esforzo: foron unhas semanas cheas de exames, traballos e ensaios; agradecemento aos mestres pola flexibilidade e a dedicación e a Mar, Belén e Alex pola súa colaboración.
Vaia festa do Magostocelebramos no cole! Foi unha mañá de xogos, bo rollo, música e por suposto non podían faltar os bolos preñados e as castañas asadas.
Sabela e Rosa, coordinadora de AAEE e profe de EF, organizaron unha divertida mañá de xogos: carreiras de sacos, o pano, a ra, levar a castaña correndo ou cun pao de hockey, os zancos, xogos de corda e os birlos. Distribuíron aos rapaces e aos mestres do cole en 9 equipos ou estacións nos que había nenos/as de todos os cursos. Xogabamos durante 5 minutos a cada xogo e iamos rotando á seguinte estación. O obxectivo era pasalo ben colaborando e cooperando cos compañeiros/as e gozar a tope deste día de festa.
As cabazas ou calacús iluminaron a nosa festa dos mortos. Cada cabaza contaba cunha lenda na que aparecían escritas mensaxes e cantigas terroríficas.
Celebramos o fin de ano celta como manda a tradición: Os celtas colocaban na encrucillada dos camiños caveiras iluminadas para guiar aos seus mortos, xa que nesa noite (do 31 de outubro para o un de novembro) volvían ás súas casas para visitar aos familiares que quedaban. As cabazas talladas con forma de caras, son unha representación daquelas caveiras.
Os rapaces demostraron as súas dotes literarias e escribiron relatos de medo participando no concurso organizado pola biblioteca escolar. Esta é unha mostra dos relatos gañadores.
Resultaron gañadores: Luís, Ausberto e Delia de 4º e Laura, Izan e Uxía Lois de 5º. Houbo premios para todos os relatos participantes.