Alumnado de 5º e 6º, venres 26 de marzo.
Contamos con Hadriana Ordóñez, psicóloga sanitaria, que nos guiou nesta sesión coa axuda do conto "Sola en el bosque" de María Magela Demarco.
Identificámonos coa protagonista do conto e sentimos, o seu sufrimento silencioso, a súa petición de auxilio con sinais mudos e a imperiosa necesidade de ser protexida, escoitada e coidada. Unha chamada para que todas e todos abramos os ollos, falemos, preguntemos e venzamos o silencio. Un camiño para levantarnos, coidarnos e descubrir que non estamos sós.
Mantente alerta porque hai lobos que logran ocultarse dentro dalgunhas casas e que as transforman en bosques tenebrosos para quen as habita.
No documento adxunto compartimos os comentarios do alumnado trala charla.