Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Lisa no Samaín, é unha actividade que forma parte do proxecto Viaxamos a Italia. O eixe central deste traballo interdisciplinar en plástica, foi dar a coñecer un dos grandes xenios da historia: Leonardo da Vinci na súa faceta de pintor, escultor e inventor.

Estes son os produtos finais 

PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE CENTRO: Viaxamos á Italia

Italia é a primeira viaxe do curso. Na clase de música disfrutamos moito con este proxecto e aproveitamos para aprender esta canción-xogo popular italiana. Hai que estar en forma para bailala!, este reto non foi nada para as nenas e nenos de 2º.

Ciao Belinda, está cantada en italiano e galego polas rapazas e rapaces de 5º EP. 

Ciao Belinda from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Home de vitruvio

Proxecto Viaxamos a Italia

Comezamos o proxecto traballando coas proporcións do rostro e do corpo. Foi así como demos co estudo das "Proporcións ideais do corpo humano ou O Home de Vitruvio" de Leonardo da Vinci.

Da Vinci, baseouse nun texto do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion (s. I a. C.), onde se mencionan diversas proporcións presentes no corpo humano. No debuxo, Leonardo represéntase a si mesmo espido e en dúas posicións sobre impresas de brazos e pernas, inscrito nun círculo e nun cadrado. O debuxo tamén é considerado símbolo da simetría básica do corpo humano.

 
Estas son algunhas das notas de Leonardo da Vinci que determinan as proporcións do seu corpo:
  • "Unha palma é a anchura de catro dedos.
  • Un pé é a anchura de catro palmas.
  • Un antebrazo é a anchura de seis palmas.
  • A altura dun home son catro antebrazos (24 palmas).
  • A lonxitude dos brazos estendidos dun home é igual á súa altura.
  • A altura da cabeza ata o final das costelas é un cuarto da altura.
  • A anchura máxima dos ombreiros é un cuarto da altura.
  • A distancia do cóbado ao extremo da man é un quinto da altura.
  • A lonxitude da man é un décimo da altura".
Nós fixemos este debuxo en 5º e 6º. Os voluntarios foron Laura e Iván. Repasamos o seu contorno nas dúas posicións e inscribímolos no cadrado e no círculo
Fontes consultadas:
http://duracreatividad.blogspot.com/2013/03/el-hombre-de-vitruvio.html

logoA semana da programación da Unión Europea CODEWEEK.EU celébrase do 16 ao 21 de outubro de 2018, pero este ano a Comisión Europea extendeu a posibilidade de participar ata o mes de decembro.

Está patrocinada polo Ministerio e a Unión Europea co obxectivo de achegar a programación e o alfabetismo dixital de forma divertida.

Por todo isto nos animamos a crear un evento no noso cole.

MAPA EVENTOS

 

Propoñemos o seguinte reto: 

Música robótica, actividade deseñada dentro do Proxecto da Biblioteca Viaxamos a Italia.

Programa o mBot para que interprete a base musical da canción popular italiana  Bella ciao.

Nivel: 6º de EP

Aquí tedes a partitura:

 

ivan

 

anxo

amanda 

victoria

Pica no programa para ver como soa

bella ciao bloques

A UE anima aos colexios de Galicia a participar na Semana da Programación - gciencia.com

https://codeweek.eu/

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Despedimos aos  compañeiros/as de infantil cunha pequena homenaxe de graduación.

Botarémosvos de menos no patio.

A profe Elisa deséxavos moita sorte en primaria.

 

 

PARABENS!!!

Hoxe celebramos a Festa tradicional dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico na cidade de Ourense.

Na rúa do paseo expuxéronse os 40 Maios  que optaban aos premios do concurso convocado pola Concellería de Cultura.

O Maio presentado polo Colexio resultou gañador na categoría infantil.

 

 Así de entregados estivemos durante toda a celebración ;-)

COPLAS DOS MAIOS

No colexio de Vistahermosa aprenden ciencias con aves criadas polos propios alumnos/as

La Voz de Galicia

A Voz de Galicia. EDITH FILGUEIRA 

OURENSE / A VOZ 28/04/2018

Coñecer o mundo rural cos cinco sentidos é a meta que se puxeron no colexio de Vistahermosa. En zona urbana, aínda que colindando con áreas periurbanas nas que a vexetación é máis abundante, enmárcase este centro no que os alumnos están estudando o proceso de reprodución dos animais ovíparos coidando eles mesmos, coa axuda de profesores e unha incubadora, ovos de aves de distintas especies. Ler máis

Para celebrar esta data tan especial, o equipo de biblioteca propuxo as seguintes actividades que se foron realizando ao longo da segunda quincena do mes de abril. Podes acceder á descrición máis detallada no blog A sombra do Érbedo

1. Marcapáxinas de Lemundi, a mascota da biblio, o noso punto de libro personalizado.

marcapáxinas lemundi

2.- Principiño por sorpresa. Con motivo do recente 75 aniversario da publicación de "Le petit prince", de Antoine de Saint-Exupéry, os mestres/as Mª Carmen, Alonso, Isa e Miguel, agasalláronnos entrando nas aulas por sorpresa e compartindo con nós un capítulo deste entrañable libro.

3. O Apadriñamento lector. Xa ven sendo unha tradición, madriñas e padriños lectores escollen libros na biblioteca para lerlles aos máis pequenos. Ler para soñar!

libros feitos por nóss

4. As nosas edicións. Unha exposición de libros feitos por nós de distintas temáticas, entre os que destacan os libros e os cómics que se editaron dentro do proxecto interdisciplinar: Unha niñada de pitos no cole .

- Os alumnos/as de 2º escribiron un libro nun formato moi divertido sobre o "Desenvolvemento dos poliños" dende a fecundación ata que saen do ovo.

- En 6º, aproveitamos a lectura de "A historia da gaivota e do gato que a ensinou a voar " de Luís Sepúlveda para crear cómics. Deixámosvos esta mostra onde queda patente as dotes dos alumnos/as para debuxar e seleccionar as accións máis destacadas desta historia de amizade e afán de superación.

Cómic de Vera Gutiérrez

O 21 de marzo celebramos o día da poesía. 

primavera poetica. Sombradoérbedo

Primavera Poética recolle os versos de  Manuel María e Antonio García Teijeiro, que os alumnos/as escribiron nas folliñas da roseira que decora a nosa biblioteca.

Eliximos a Manuel María en homenaxe ao cincuenta aniversario do  seu libro de poesía infantil: "Soños na Gaiola"  e a  Manuel García Teijeiro, por obter  o premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil pola obra: "Poemar o mar"

primavera poética

Alumnos/as de 6º de primaria, 4º e 6º de infantil

Alumnos/as de 5º e 1º de primaria

Alumnos/as de 4º de infantil e 4º de primaria

Alumnos de 3º e 2º de primaria  

Actividade completa no blog da Biblioteca escolar A sombra do érbedo.

Distribuir contido


by Dr. Radut