Queridas familias:
Con motivo da celebración do SAMAÍN imos montar unha exposición de cabazas e/ou lámpadas con material de reciclaxe con motivos ou lemas EN GALEGO de medo.
O alumnado que queira pode decorar, deseñar... unha na casa e entregala na conserxería co seu nome e curso.
Do mesmo xeito,o venres 29 de outubro as/os alumnas/os poden vir disfrazados ao centro. Realizaremos XOGOS POPULARES coa temática SAMAÍN e desfile de disfraces.
Por mor do protocolo COVID non se pode traer nengún complemento, abalorio... nas mans e na cara. Asemade, prégase evitar calquera disfrace que faga alusión a series televisivas violentas.
EcoMundi a mascota da Biblioteca, anímavos a FACER os vosos disfraces reciclando e reutilizando materiais.
Un saúdo e ledo SAMAÍN.