A electricidade é unha palabra que non nos resulta estraña, ao oíla pensamos nos raios, na batería do móbil ou da tablet, na rede eléctrica e incluso hai ao quen lle ven á cabeza as anguías eléctricas... Pero o certo é que o concepto é complicado de entender e por iso, nas clases de ciencias andamos a voltas coas cargas eléctricas, cos circuítos eléctricos e coas máquinas.
Experimentamos deseñando circuítos eléctricos e comprobando o seu funcionamento.
Temos xa bastante soltura manexando ferramentas coma o desaparafusador, os alicates e incluso o soldador. Xa non resulta estraño oír na clase “tes que estañar esa pila!.”
Resulta máis doado desenvolver ideas novas cando participamos de xeito activo na fabricación de robots, circuítos e outros cacharros...