Skip to Content

Leccións vitais que salvan vidas

salial

CHARLA DE 1º AUXILIOS

Promovida pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.

Mans que dan vida.Temos o deber e a obrigación de socorrer sempre. 

Con esta actividade aprendemos algunhas actuacións e técnicas que permiten atender a un accidentado/a ata que chegue a asistencia médica, tratando sempre de non empeorar as lesións que xa teña. 

1º SEMPRE Manter a calma.

2ª Como actuamos? Segue o P.A.S. (Protexe, Alerta e Socorre) Teléfonos de emerxencia: o 112 e o 061.

3º Ver se ten pulso e respira, V.E.S ou M.E.S (mira, escoita sente), falarlle para ver se está consciente. 

4º Se ten  pulso, colocalo na postura de seguridade.

5º Se non ten pulso practicar unha RCP.

Vimos tamén protocolos básicos de actuación en caso de atragoamento (manobra de heimlich), queimaduras ou electrocucións.

lección vital

Tamén temos un Curso na Aula Virtual do CEIP Vistahermosa: Primeiros Auxilios unha lección vital.

Aquí vos deixo algúns exemplos das presentacións de primeiros auxilios de alumnas de 6º EP 

  • Presentación de Yanira R.



page | by Dr. Radut