O sábado fómonos de Campionato Provincial ao Aguillón, no concello da Rúa.
Enzo e Saúl foron os nosos participantes, que despois de pasar todas as fases previas e final comarcal, clasificáronse para competir cas mellores marcas da provincia de Ourense.
Unha xornada estupenda na que os nosos rapaces defenderon ao colexio o máximo, deixando claro que estas actividades débense seguir organizando nos vindeiros anos.
Moitas grazas campións!! A vós e ás vosas familias!!