RESERVA DE ADMISIÓN

Prazo de reserva de praza para centros adscritos do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

 

O prazo de reserva de admisón é para o alumnado de 6º que pasa ao IES ALEXANDRE BÓVEDA o vindeiro curso 2022/23.

A través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO na opción Solicitudes pódense crear solicitudes de reserva de praza (do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro) ou de admisión (primeira quincena de marzo) para o resto do alumnado que desexe cambiar de centro a outro non adscrito. 

LIGAZÓN á aplicación ADMISIONALUMNADO.


A presentación da solicitude ED550A, farase na secretaría da escola, no horario de atención. T
amén poderedes entregalo en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisaredes de Chave365 ou certificado dixital.

O prazo de entrega é dende o 11 de xaneiro ata o vindeiro día 8 de febreiro. LEMBRADE QUE aquelas familias que non elixan este centro para cursar a secundaria, non entregarán o documento e solicitarán praza no que sexa do seu interese no prazo ordinario.

E se queres coñecer a nosa escola...

Na seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL

No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.

De todos xeitos, estaremos encantados de recibirvos, CON CITA PREVIA,  para clarexar as dúbidas que podades ter ( segundo o Protocolo COVID-19 non podemos facer percorrido polas instalacións).

 

 

AdxuntoTamaño
ED550A-G.pdf1.33 MB

Back to top