Blogues
OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN CON DIDIER, EN COMUNIDADE.
Posted Novembro 6th, 2024 by adminTaller de ecopercusión con Didier Diaz.
O vindeiro martes 19 de santos ás 16:30h ofrecemos un obradoiro co percusionista Didier Diaz. Será un taller de hora e media de duración en primaria e de 30 minutos en infantil.
É un obradoiro tanto para nen@s como adultos, onde aprenderemos a tocar ritmos afrolatinos con material de refugallo como cubos de pintura, botes etc.
Os rapaces deberán vir sempre acompañados dun adulto que tamén participará no obradoiro ( un adulto por familia).
Non teredes que traer ningún tipo de material.
Este taller é gratuíto pero precisa de inscrición previa, con compromiso de asistencia.
Inscrición na seguinte ligazón
https://forms.gle/ZYFea2ChDoh2oLRu6
Animádevos a participar!
Hai uns cursos estivo na escola co alumnado, pasaramolo en grande! Preme para gozar co video 1 e video2.
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR. CONVOCATORIA
Posted Novembro 4th, 2024 by admin
RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/2024),, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a nº pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022
2.- Son electores/as todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día sete de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral (modelo 5B), ata as 14:00 horas do día 11 de novembro, na secretaría do centro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do día 11 de novembro de 2024.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 12 de novembro, ás 09:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 12 ao 17 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 18 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o martes día 19 de novembro, de 9.30 a 10.30, de 12.30 a 13-30h.e de 16.00 a 17.00.hs. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:00horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de nº nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal dos alumnos.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Vigo, 29 de outubro de 2024
RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR CURSO 2024/2025
Posted Outubro 11th, 2024 by adminO día 11 de outono comeza o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
Neste centro teñen que renovarse os seguintes membros:
- Representantes do profesorado: 3 membros
- Representantes das familias: 2 membros.
- A ANPA nomea o seu representante.
- O Concello nomea o seu representante.
- Persoal non docente: non hai.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL (PXA) CURSO 2024/2025
Posted Outubro 9th, 2024 by adminO día 8 de outubro foi aprobada polo Claustro e o Consello Escolar a Programación Xeral Anual (PXA), que recolle a organización do centro para o curso académico 2024-25.
CIRCULAR INICIO DE CURSO 2024/2025 e CALENDARIO ESCOLAR
Posted Septembro 2nd, 2024 by adminMATRICULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024/2025
Posted Xuño 24th, 2024 by adminPRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO:
DO 20 AO 30 DE XUÑO
Comeza o prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso.
Familias, podedes pasar pola escola para encher a documentación de matrícula a partir do vindeiro luns 20. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.
Para a formalización da matrícula tedes que pasar pola escola e recoller o sobre coa documentación a cubrir e traer a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar)
- Fotocopia do libro de vacinacións.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotografías de tamaño carné.
Para descargar a documentación e cubrir en liña, prema na seguinte ligazón
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=node/51
ED330B-PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Posted Maio 22nd, 2024 by adminO prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024.
Presentación de Solicitudes
1. Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e fillas e, de ser o caso, tutelados e tuteladas, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean escolarizados no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumnado resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Así mesmo, a aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
h) Outra documentación.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
b) DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.
d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.
En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2022.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos.
2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:
a) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2022.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites, que poderán ser empregados por elas.