Blogues

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2024/2025

Benqueridas familias, na seguinte ligazón tedes toda a información para a solicitude de becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Non dubidedes en chamar á escola e pedir cita co Departamento de Orientación para presentar toda a documentación ou se tedes algún problema para cubrir a documentación requerida.

Lembrade que o prazo de presentación da beca vai dende o 30 de abril de 2024  ata o 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.

Aproeitamos para lembrar o horario do Departamento de Orientación.

 

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS:

(Sempre con cita previa) 

 Mércores e xoves de  9:00 h- 14:00 h 

 Martes alternos tarde: 16:00 h. -17:00 h

 

 

BECAS E AXUDAS 2024/25

 

PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

Prazo de presentación: do 30 de abril

 

ata o 13 de setembro do 2024

 

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

 

"Esta convocatoria inclúe un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros, que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas".

 

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet na seguinte ligazón:

 

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2024 - 2025) | Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes (educacionfpydeportes.gob.es)

 


Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: 
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Despois de cubrir e pechar a solicitude online teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.

 


Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa).


Poden comprobar a documentación requerida na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria na seguinte ligazón:

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

 

 

 

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Toda a información na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35966

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

 

 

   

 

VACANTES:

CURSO

VACANTES

4º EI

20 (17+3)

5º EI

9

6º EI

7

1º EP

7

2º EP

0

3º EP

5

4º EP

0

5ºEP

0

6º EP

0

  Segundo o punto 2.1.1. do acordo de mellora do sistema educativo non se incrementará o alumnado nas etapas de Infantil e Primaria sempre que o número de alumnos por unidade estea entre 20 e 25.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN do 1 ao 20 de marzo.

  • Organización do Centro:
  • 3 UNIDADES de EDUCACIÓN INFANTIL
  • 6 UNIDADES de EDUCACIÓN PRIMARIA
  • Mestres especialistas:
  • Educación Musical
  • Educación Física
  • Lingua estranxeira: Inglés
  • Lingua estranxeira: Francés
  • Educación Relixiosa
  • Departamento de Orientación:
  • Orientadora
  • Mestra especialista en pedagoxía terapeútica (PT)
  • Mestre especialista en audición e linguaxe (AL)
  • Metodoloxías activas
  • Traballo por proxectos e centros de interese
  • Aprendizaxe Cooperativa
  • Horta escolar
  • Radio escolar
  • Aula Steam, robótica na escola
  • Biblioteca, PLAMBE
  • Biblioteca Creativa
  • Club de lectura
  • E-DIXGAL
  • Atención á diversidade. Ensinanza individualizada e intervención específica dos especialistas de PT e de AL dende 4º de educación infantil. Acompañamento respetuoso.
  • Proxectos de Innovación Educativa
      • Nós tamén creamos
      • Proa +
      • Inclué-t
      • Emociona-t
      • Iguala-t
  •  Participación coas entidades do barrio.

 

 

 

 

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Descobre o noso colexio e todo o que temos para ofrecerte!

Vén e únete a nós! 

Na visita á nosa escola poderás coñecer  parte do noso equipo de traballo que é todo definitivo na escola; poderás explorar as nosas instalacións, aulas, patios, espazos abertos, laboratorios, biblioteca, horta escolar, patio natural con árbores froiteiras, a nosa charca, a aula steam, espazos deportivos, aulas de usos múltiples e aulas específicas. Descubrirás que as nosas instalacións son as máis novas e modernas da nosa cidade. Dispomos de aulas con baños propios en educación infantil, acceso directo ao patio dende as aulas, chan radiante, grandes ventanais,..

Podes obter toda a información que precises. Temos aula matinal dende ás 07.30, servizo gratuíto de transporte escolar,  servizo de comedor  da Xunta de Galicia, a través  de cátering, Club de lectura para nenos e nenas e  Club de lectura para as familias, actividades de contacontos en familia, ... contarémoste os programas educativos nos que participamos, actividades promovidas pola ANPA "Os irmandinhos", e moitas cousas máis.

Nas  visitas podes coñecer a outros pais/nais interesados na nosa comunidade educativa.

 

Non perdas esta oportunidade de descubrir o que fai que o noso colexio sexa especial!

 

 

 

 

RISCO NO USO DE PANTALLAS INTERACTIVAS

Desde inicio de curso alertamos ás familias do risco que supón o uso de pantallas interactivas para o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas en idade escolar.

O uso de móbiles e tablets sen control,  antes dos 12 anos dificulta o desenvolvemento da corteza prefrontal, concretamente da zona especializada das funcións cognitivas como son, entre outras:

  • *      A capacidade de atención
  • *      A memoria de traballo
  • *      control dos impulsos
  • *      A capacidade de reflexionar, planificar e decidir
  • *      A xestión das emocións
  • *      A tolerancia á frustración

Sen estas capacidades os procesos de aprendizaxe e de socialización tórnanse complicados.

Estes efectos prexudiciais están demostrados con evidencia científica. As aplicacións de xogos e vídeos das pantallas interactivas están especialmente deseñadas con complexos algoritmos para telos o máximo tempo posible xogando, para “enganchar” aos consumidores, non para educalos. A través de rápidas imaxes, luz e sons que sobreactivan a liberación de neurotransmisores como a dopamina, activan mecanismos cerebrais de desexo e de recompensa que xeran adicción.

Ademais destes danos cognitivos evidéncianse atrasos na linguaxe oral, nas habilidades sociais e comunicativas e no comportamento. Ata os 16 anos non se dan as condicións mínimas para que sexa a persoa a que usa o móbil e non ao revés.

Na etapa adolescente están a padecer, ademais de fracaso escolar e ciberacoso, serios problemas na súa saúde mental como son:

  • Ø  Illamento social
  • Ø  Alteracións do sono e da alimentación
  • Ø  Cambios de humor e trastornos de conduta
  • Ø  Ansiedade e depresión
  • Ø  Ludopatía

 

Ø  Consumo normalizado de pornografía (mesmo en idades moi temperás: desde os 8 anos)

 

Os nenos e nenas en idade escolar non necesitan as pantallas interactivas de móbiles e tablets nin as consolas para entreterse ou encher tempos de espera, non necesitan xogos dixitais adictivos, nin ligar un vídeo tras outro de Youtube ou TikTok. Non necesitan usar nin entreterse con pantallas interactivas que se disfrazan de xogos educativos.

A estimulación e o ambiente no que cada cerebro se desenvolve é determinante para unha boa saúde cognitiva, para un adecuado desenvolvemento intelectual, emocional e social. Eles e elas crecen, aprenden e desenvólvense grazas ao xogo manipulativo e social. O xogo é chave para un desenvolvemento cognitivo e social saudable.

Sen reflexión e toma de decisións por parte das persoas adultas para regular as condicións de uso das tecnoloxías, estes serios problemas, que xa son realidades nas nosas aulas e nas nosas casas, seguirán aumentando.

 

Desde a escola recomendamos reducir ao máximo- o uso por parte dos nenos e nenas do móbil, tablets e consolas como elemento de lecer.

Tomemos conciencia, está en xogo a saúde mental da nosa infancia e adolescencia.

 

 

Setembro 2023

Departamento de Orientación

 

CEIP O Resío

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2023/2024

PRAZO MATRÍCULA NOVO ALUMNADO. CURSO 2023/2024

PRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Comeza o prazo de formalización de  matrícula para o vindeiro curso.

 Familias, podedes pasar pola escola para encher a documentación de matrícula a partir do vindeiro luns 20. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 Para a formalización da matrícula tedes que pasar pola escola e recoller o sobre coa documentación a cubrir e traer a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar)
  • Fotocopia do libro de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías de tamaño carné.

 

Para descargar a documentación e cubrir en liña, prema na seguinte ligazón

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=node/51

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)

Anexos asociados

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

20/05/2023 00:00 - 21/06/2023 23:59

Solicitudes 

- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino no que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, a aplicación informática fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

- A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2021.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:

a) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2021.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

 

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumando que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: 
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a,  e de selo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa). 
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

Distribuir contido

Back to top