Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2023 "CABALOS DE CONTO".
Na semana do 3 ao 7 de outubro, a asociación "AMABUL" instalou no noso centro educativo a exposición sobre flora exótica invasora "Unha ameaza chegada dun espazo exterior" que veu acompañada da realización de dous obradoiros ambientais e a entrega dunha unidade didáctica. Trátase dunha actividade gratuíta financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
O 30 de maio viñeron ao colexio dous membros da Patrulla Felina, Lorenzo e Sonia, para explicar á rapazada como funciona esta protectora de animais. Un xeito de concienciar ás novas xeracións da importancia de coidar aos seres vivos que nos rodean, neste caso aos gatos. E tamén como debemos evitar que se siga producindo na nosa sociedade accións de abandono e maltrato aos animais.
Ao final cada neno e nena pintaron un debuxo dun gato, para decorar as gateiras da protectora. Podedes ver os debuxos nesta ligazón. PREME AQUÍ
Moitas grazas polos consellos e toda a información recibida, dando resposta a todas as preguntas que foron xurdindo por parte do alumnado durante a charla.
O pasado xoves, 5 de maio, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiron a unha charla-obradoiro sobre primeiros auxilios. Profesionais sanitarios da área sanitaria do Barco de Valdeorras foron os encargados de levar a cabo dita actividade.
Explicaron como actuar ante situacións de emerxencia, situacións cotiás coas que nos podemos atopar no noso día a día, coma queimaduras, hemorraxias, feridas, picaduras de insectos, etc.
De forma práctica amosaron como actuar no caso de atragoarse e como facer a manobra de Heimlich. Tamén, coa axuda dun peluche, a modo de paciente, o noso alumnado aprendeu a realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP). Ademais, os sanitarios comprobaron o seu peso, altura, mediron a súa frecuencia cardíaca e o seu osíxeno en sangue.
Os nenos e nenas puideron resolver moitas dúbidas que tiñan e aprenderon moitos trucos que poden poñer en práctica se chegase o caso.
Dende o centro queremos agradecer a amabilidade e a atención prestada polos profesionais sanitarios.
Salvar vidas está ao alcance de todos nós!
O venres 10 de decembro fixemos unha excursión a Vigo, co motivo de visitar as luces de Nadal, pero tamén a pista de patinaxe sobre xeo e as brincadeiras de Jump Park. O alumnado que asisitiu, gozou dunha xornada intensa e divertida, e que dalgún xeito axudou a liberar as tensións do último ano que nos tocou vivir e que ata o de agora facía pouco viable unha actividade deste tipo.
Para ver as fotos na nosa galería de imaxes, preme aquí
O pasado mércores 27 de outubro, levouse a cabo unha actividade complementaria. Consistiu nunha breve saída á contorna próxima para levar a cabo un obradoiro de ornitoloxía, impartido por Alberto e Goyo. Experto na ciencia das aves e garda forestal acompañaron e ensinaron a todo o alumnado do noso centro, a importancia da conservación da natureza neste enclave tan especial como é o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
Deste xeito, despois dunha charla sobre os diversos tipos de aves que podemos atopar segundo en que hábitats nos atopemos, así como a súa clasificación, o obxectivo centrouse en entender a razón do rexistro das aves. Para iso, é fundamental poder capturar algunhas especies con sumo coidado, e esta acción só pode ser levada a cabo por persoal autorizado, competente e experto na materia. A observación fundamental basearase na medición de patas, ás e tamén na súa plumaxe. Sen esquecer a comprobación pertinente do estado de saúde do animai. Despois procédese o anelamento da ave. Para isto e todo o anterior, deberanse empregar ferramentas e estratexias axeitadas.
Os paxaros, como todo ser vivo, debe ser tratado con todo o respecto que merece, pois todos forman parte dun ecosistema que debemos procurar manter evitando accións lesivas para o mesmo. Todo o alumnado puido asistir in situ, na realización completa deste proceso de captura, observación, identificación, medición, rexistro dos datos e anelamento de dúas especias moi comúns na nosa zona: un paporrubio e un merlo. Gozando así moito desta experiencia.
Máis info e fotos nos blogs das aulas