Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
BO DÍA! AQUÍ TEDES A DEMOSTRACIÓN DE QUE O 3º RETO QUEDA SUPERADO!! NESTE CASO, ALGÚN PAI ANIMOUSE TAMÉN A FACELO, A VER SE PARA O SEGUINTE SE ANIMA ALGÚN/ ALGUNHA MÁIS. NOS PRÓXIMOS DÍAS COMEZAREMOS UN NOVO RETO... ASÍ QUE ESTADE ATENTOS!!
https://www.youtube.com/watch?v=dG9wfSPqsPY
O Concello de Rubiá publicou un BANDO no que comunica aos veciños do municipio que: en colaboración co noso colexio procederá a repartir os libros de texto do terceiro trimestre ao alumnado, achegándollos ás súas casas para a vindeira semana.
Asemade as familias que queiran realizar fotocopias ou imprimir fichas para as tarefas escolares poderán solicitarllo ao Concello a través do seguinte email: concelloderubia@gmail.com, achegando os arquivos ou ficheiros que queirades imprimir e indicando a que dirección as teñen que levar. Por favor, tratade de realizar os vosos pedidos de xeito que aforredes tempo e desprazamentos ao persoal do concello.
Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño queremos recordar ás familias que, en todo caso, recibirán notificación a través da aplicación Abalar Móbil, coas instruccións precisas de como se vai a levar a cabo o desenvolvemento do terceiro trimestre.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
PREME NO MENÚ DE EDUCACIÓN FÍSICA OU NOS BLOGS...O PROFE MIGUEL VEN DE PROPOÑER UN SEGUNDO RETO.... A VER QUEN É A PRIMEIRA OU PRIMEIRO EN CONSEGUILO!!!
LEMBRADE QUE TANTO NO BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL "ONDE COMEZA O CAMIÑO" E NO BLOG DE RECURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA, PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS A DIFERENTES RECURSOS, XOGOS, ACTIVIDADES...
ASEMADE, NOS MENÚS DA DEREITA DESTA MESMA PÁXINA TAMÉN PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS ÁS PROPOSTAS DOS VOSOS MESTRES.
ATENTxS ÁS NOVIDADES!
TODO VAI SAIR BEN.
APERTAS PARA TODxS.
Propoñemos a toda nosa comunidade escolar de Rubiá que cada quen faga un letreiro, debuxo ou composición... pero onde apareza o lema: “TODO VAI SAIR BEN” cun arco da vella como protagonista.A creatividade é libre. Cando o rematedes quitades unha foto coa vosa proposta e enviádela por e-mail:
ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal
Todas as fotografías que recibamos, poderedes velas a través da Web do cole e dos blogs. Animádevos a participar!
MIRADE, QUE EMOCIÓN!!!... QUEREDES VER AS QUE NOS ESTADES A ENVIAR?... PREMEDE NA IMAXE
Do 9 ao 13 de marzo conmemoramos a semana da prensa. Cada clase traballou de forma diferente cos xornais e coa variada información que saiu ao longo destes días.
Os de infantil comezaron cunha provocación na que as normas foron: respectar aos compañeiros, e xogar cos materiais presentados. Previamente miraron, observaron e deron renda solta á súa imaxinación, para logo xogar e transformar libremente a través dunha instalación artística con papeis de xornais e outros de diversas cores. Asemade, estes dias na asemblea falaron sobre a prensa, para que serve, como é, miraron algunhas seccións. O que mais lle gustou foron as seccións de deportes e a do tempo.
Os alumnos de primeiro e segundo empregraron unha técnica diferente, o collage. Recortaron palabras e letras dos xornais para facer con elas unha noticia de actualidade. Por outra banda, os nosos alumnos máis maiores investigaron sobre as noticias, buscando a que máis lle chamou a atención, e despois traballabaron sobre ela desmenuzando o seu contido.
A mestra Sandra de Relixión, achéganos os seguintes recursos:
A BIBLIA EN GALEGO Para xogar e aprender todo da Biblia, a través de xogos e exposicións sinxelas de ler.
XOGOS CATÓLICOS VIRTUAIS da Web Capillacatólica.org
XOGOS CRISTIC onde podedes atopar xogos educativo clasificados por niveis e por materias, sen publicidade.
TAREFAS OPCIONAIS PARA SEMANA SANTA, propostas polo centro CEIP Fogar de A Coruña.
ACTIVIDADES E OUTROS RECURSOS, a través do blog oficial do profesorado de relixión católica.
Desexarvos que pasedes unha boa Semana Santa, a pesares das circunstancias tan especiais. Unha aperta moi forte da vosa mestra de relixión.
Xa podedes visualizar o seguinte reto:
RETO Nº 3: OS EQUILIBRISTAS
Ao longo desta semana podedes ir practicando e enviando os vosos logros ao correo do centro: ceipvirxedocamino@gmail.com
PARA VISUALIZAR OS VOSOS VÍDEOS PREME AQUÍ.
ÁNIMO E A POR TODAS!
BO DÍA! AQUÍ TEDES A DEMOSTRACIÓN DE QUE O 2º RETO QUEDA SUPERADO!! NESTE CASO, ALGÚN PAI ANIMOUSE TAMÉN A FACELO, A VER SE PARA O SEGUINTE SE ANIMA ALGÚN/ ALGUNHA MÁIS. NOS PRÓXIMOS DÍAS COMEZAREMOS UN NOVO RETO... ASÍ QUE ESTADE ATENTOS!!
Aquí vos presento o seguinte reto semanal:
Reto nº 2: Lanzamento a "canasta"
Ao longo desta semana podedes ir practicando e enviando os vosos logros ao correo do centro: ceipvirxedocamino@gmail.com
Para visualizar os vosos vídeos preme aquí.
ÁNIMO E A POR TODAS!!