SEMANA DO SAMAÍN-HALLOWEEN'S WEEK

Do 25 ao 29 de outubro levaremos a cabo a semana do Samaín (Halloween’s Week), combinando diferentes actividades especiais coas actividades ordinarias do horario lectivo. A programación será a seguinte:

  • Luns 25. Decoración de espazos do centro.
  • Martes 26. Sesión de photocall e recepción de cabazas, que poden traer feitas e decoradas da casa para expoñelas no colexio. Prégase que se acompañen dunha etiqueta identificando o nome do ou dos alumnos/as. No caso de irmáns, pode ser unha conxunta si así se desexa.
  • Mércores 27. Obradoiro de contacontos e obradoiro de experimentos caseiros.
  • Xoves 28. Xogos populares do Samaín/Halloween.
  • Venres 29. “Comida terrorífica”, baile de disfraces (este é o día que poden vir disfrazados de casa) e cine.
SEMANA DO SAMAÍN-HALLOWEEN'S WEEK