Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Como cada ano, celebramos as Letras Galegas, este ano 2021 dedicadas a Xela Arias. Profesora, poetisa, tradutora, editora, muller comprometida e nai. Xela Arias é un referente da poesía urbana contemporánea. E traduciu ou colaborou na tradución ao galego de grandes obras como "O enxenoso fidalgo Don Quixote da Mancha" de M. de Cervantes, "Drácula" de Bram Stoker, "Contos ao teléfono" de G. Rodari, "As bruxas" de Roald Dahl ou "O bosque animado" de Wenceslao R. Flórez. En poesía destacan os seus libros: "Darío a diario", "Tigres coma cabalos" ou "Intempériome".
O pasado mércores, Laura Iglesias, en representación do Concello de Rubiá entregou ao alumnado un libro en galego como agasallo para seguir fomentando a cultura e a literatura galega a través do hábito lector. E o alumnado traballou aunando dúas conmemoracións: o día do libro e o día das Letras Galegas. No patio cuberto están expostos os seus traballos: Un cómic a gran tamaño que relata a vida e obra de Xela Arias (polo alumnado da Aula Vermella), un mural a modo de gran fotograma sobre a película de animación "O bosque animado" (polo alumnado da Aula Verde), e uns carteis sobre Don Quixote, custodiados por dous muíños xigantes (polo alumnado da Aula Azul).
Para máis info sobre esta actividade, visitade o blog da nosa biblioteca.