ORDE DO 6 DE NOVEMBRO DE 2020

Estimadas familias:

Segundo a norma 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial, en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, infórmase de que o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP Plurilingüe Virxe de Camiño (Rubiá):

1.- Non ten presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21.

2.- Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  • Alumnado matriculado en Educación Especial.
  • Alumnado tutelado pola Xunta de Galicia.
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

A SOLICITUDE ÚNICAMENTE SE PODERÁ PRESENTAR DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO.

O centro adquirirá as máscaras tendo en conta os criterios establecidos nas instrucións de material hixiénico-sanitario Covid-19.

 

NOTA ACLARATORIA:

  • O alumnado de Educación Infantil NON é beneficiario.
  • O alumnado que é beneficiario de xeito automático pola renda NON ten que cubrir nada.
  • O alumnado que NON é beneficiario leva o anexo do procedemento ED 330 E (impreso que levará nun sobre na mochila), para cubrir no caso de que cumpra con algunha das condicións/situacións sinaladas no punto 2.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto conmigo.

Un saúdo.

Andrea Tato.