RAP POLO MEDIO AMBIENTE

Os nenos e nenas de 3º e 4º, xunto co seu titor Miguel, traballaron arreo esta semana para converterse en RAPEIROS por un día, concretamente poldía do medio ambiente. E vaia se o conseguiron! A través dunha canción, rapeada por eles mesmos, dannos uns consellos para concienciarnos da importancia de coidar o medio ambiente. Aquí tedes o resultado!