CONTINUIDADE CALENDARIO ESCOLAR E AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

  “A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou o pasado día 25 de marzo na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

 Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.” (Fonte oficial: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634 )

 

Polo tanto, o boletín da avaliación do 2º trimestre poderá ser consultado, a partir do 3 de abril, a través da aplicación Abalar Móbil que cada familiar responsable debe ter instalada no seu terminal.

Por outra banda, unha vez confirmada a planificación do 3º trimestre procederemos a informar ás familias polas canles telemáticas establecidas no noso centro: Páxina Web e Abalar Móbil.